Pese a que non son unha novidade, coa proximidade da chegada ao mercado do iPad, moitos son os que están a dirixir a súa mirada ás aplicacións para iPhone e iPod Touch que trasladan aos terminais de Apple os contidos de revistas en papel, adaptadas ao soporte electrónico cunha navegación sinxela e a posibilidade de ver imaxes e vídeos, coma están a facer especialmente ben as publicacións norteamericanas GQ e Esquire, dedicándolle a xente de Applesfera unha especial atención ao número de febreiro desta última (do que podemos descargar unha versión reducida de balde).
Estas aplicacións dan unha idea da adaptación que poden ter as revistas aos novos formatos, buscando así un traslado a un soporte dixital mantendo o pagamento por exemplar coma modelo de explotación (cada exemplar véndese a 2,39 euros) aínda que haberá que agardar bastantes meses para poder analizar se resulta rendible editar revistas para os terminais de Apple e, especialmente, para o iPad, que coa súa pantalla de 9,7 polgadas podería supor un antes e un despois para este sector editorial.
Varias revistas experimentan co iPhone á espera do iPad
Compartir Este Artigo
