As plataformas de redes sociais cada día teñen máis presenza en terminais móbiles, en virtude do seu potencial comunicativo, e coma grande exemplo desta nova tendencia temos á versión móbil de Facebook, que vén de superar os 100 millóns de usuarios activos, cando hai menos de 6 meses tiña 65 millóns de usuarios, polo que o seu ritmo de crecemento é realmente impresionante.
Na actualidade dende Facebook están a colaborar cos fabricantes de terminais de telefonía móbil e algúns operadores para garantir unha óptima experiencia da súa plataforma dende centos de terminais diferentes.
Cómpre destacar que actualmente Facebook é unha das aplicacións máis descargada e utilizada no iPhone, en móbiles con Android e incluso en terminais avanzados de Nokia e Samsung, aínda que poderiamos asegurar que actualmente Facebook está dispoñible para practicamente calquera terminal de telefonía móbil medianamente moderno.
Facebook Mobile supera os 100 millóns de usuarios activos
Compartir Este Artigo
