A Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria pon en marcha unha nova aplicación informática que permitirá expedir os máis de 47.000 títulos académicos da LOXE e a LOE que cada ano emítense en Galicia; iniciativa que conta coa colaboración dos centros educativos dependentes da consellerías, cos que se traballou na elaboración do novo proceso que fai desaparecer a tramitación manual e elimina os erros derivados da mesma en nomes e números de documentos do alumnado.
Con esta nova aplicación informática, os servizos centrais da Consellería estarán interconectados tanto cos 4 departamentos territoriais coma cos 717 centros de Galicia (tanto públicos coma privados e concertados), o que tamén permitirá o acceso á base de datos na que actualmente consta a expedición de 425.737 títulos dos distintos niveis da LOXSE.
Educación pon en funcionamento unha aplicación para a expedición de títulos académicos
Compartir Este Artigo

