A rede social Sigojoven.com, unha ferramenta en liña dirixida a aquelas persoas maiores de 40 anos que desexan compartir ocio e cultura, así como atopar vellos amigos na Rede sen ter que recurrir a Twitter ou Facebook, (onde é máis habitual atopar persoas de curta idade), vén de publicar unha serie de consellos para que os seus usuarios (que xa superan os 50.000) non leven sorpresas inesperadas á hora de facer amigos virtuais e lle poidan sacar o máximo partido á ferramenta.
As 10 recomendacións que fan os responsables desta web que a piques está de cumprir o ano son:
1. As redes sociais tamén son para ti pois cada vez son máis os portais especializados en persoas maiores de 40 anos. Crea un perfil nunha rede social que ofreza seriedade e confidencialidade.
2. Aprender é doado. As persoas maiores non teñen a soltura que poden ter os máis mozos á hora de manexar Internet, polo que é recomendable escoller unha rede social doada e intuitiva para ir comezando.
3. Se sincero: móstrate tal e como eres. Como na vida mesma, as persoas interesadas en atopar amizades coas que compartir experiencias deberán ser sinceras e non esaxerar, mostrando as súas afeccións e gustos verdadeiros. Respecto das fotografías, o mellor é colocar unha imaxe actual, que coincida coa persoalidade do propio usuario.
4. Aprende a linguaxe de Internet e diríxete con respecto e educación aos demais usuarios. Para comunicarnos correctamente nunha rede social debemos evitar escribir o texto en maiúsculas, xa que significa agresividade e enfado. Asemade, as abreviaturas e frases curtas poden crear confusións e malentendidos.
5. Busca na web aos teus antigos compañeiros. As redes sociais incorporan a posibilidade de contactar con antigos compañeiros de colexio, universidade ou traballo a través dos filtros do buscador (provincia, idade, afeccións, empresa…) podendo recuperar así os vínculos.
6. Crea grupos de persoas afíns. Unha rede social está composta por numerosos pequenos círculos de amigos. Aínda que sexas de diferente cidade, cultura ou educación, basta con que compartas afeccións comúns para crear un grupo dedicado ao teu hobby favorito e comezar a publicar novas, artigos, comentarios…
7. Traslada os teus grupos de amigos virtuais á realidade. Organiza quedadas, actividades culturais… coas persoas coas que creaches lazos de amizade na túa rede social.
8. Participa: crea contidos na túa rede social. Unha rede social funciona grazas á participación dos usuarios. Cantos máis contidos crees na túa rede social (publicar novas, actividades, crear grupos e escribir artigos de opinión), máis enriquecedora será para os seus membros e máis persoas te coñecerán.
9. Emprega profesionalmente as redes sociais. Emprega a túa rede social como plataforma para dar a coñecer as túas obras ou exposicións entre os membros da rede se eres artista, ou os teus artigos se che gusta escribir.
10. Se che xorden dúbidas, sempre hai xente na Rede disposta a axudarche. Os usuarios máis veteranos están sempre dispostos a axudar aos recén incorporados.
Por norma xeral, as persoas usuarias de Sigojoven.com son persoas de máis de 40 anos, cun nivel medio de formación, coñecedoras da actualidade nacional e con interese por crear e manter relacións sociais.
Entre as actividades que máis espertan o interese dos usuarios, destacan as relacionadas coa arte, como exposicións e obradoiros, as cales incrementaron considerablemente a súa presenza na rede dende a súa creación a finais de marzo de 2009, ata supoñer na actualidade mais do 55 por cento do total das actividades ofertadas.
En segundo lugar por orde de interese, están os concertos e actividades musicais, que supoñen máis do 30 por cento das propostas, sobre todo nas grandes cidades como Madrid, Barcelona, Valencia ou Sevilla.
A rede social Sigojoven publica o seu propio decálogo para internautas maiores de 40
Compartir Este Artigo

