Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A USC organiza unha xornada de portas abertas nas salas de Access Grid de Santiago e Lugo
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A USC organiza unha xornada de portas abertas nas salas de Access Grid de Santiago e Lugo

Fernando Sarasketa
Publicado: 18/02/2010
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

sala_santiago_web.jpg_1359121012.jpgToca falar de tecnoloxía Grid. Ou sexa, da tecnoloxía de computación que se basea no uso de moitos equipos sen que saliente ningún deles por exercer control centralizado. Dentro do panorama galego deste método de traballo distribuído onde entran en xogo recursos de todo tipo (e xeralmente a Internet que todos coñecemos), o CESGA e máis as universidades salientan por ter impulsado iniciativas Grid ao servizo de iniciativas científicas que non serían posibles, ou tardarían eternidades en resolverse, de non ter mediado esta tecnoloxía. Por certo que entre as moitas vantaxes que achega este xeito de traballar atopamos o de favorecer ao máximo a comunicación por videoconferencia.. Co obxectivo de informar sobre este punto, a Universidade de Santiago vén de anunciar unha xornada de portas abertas nas dúas salas de tecnoloxías Access Grid habilitadas no edificio Complexo Docente do Campus de Lugo e máis no CACTUS de Compostela.
O obxectivo desta iniciativa non é outro que dar a coñecer as prestacións da tecnoloxía coa que se traballa nas dúas salas e amosar en directo o seu funcionamento. A xornada celebrase o 23 de febreiro en ámbolos dous emprazamentos.
As salas de Access Grid, informa a USC, teñen capacidade para 15 e 20 persoas e contan con sistemas de altas prestacións de vídeo e audio que permiten manter a través da Rede xuntanzas distribuídas a gran escala, como por exemplo sesións de traballo colaborativo ou seminarios. Para que se entenda, os equipamentos e servizos que albergan estes dous espazos poden considerarse como sistemas de videoconferencia mellorados, tanto no que se refire a tamaño (pantallas de gran tamaño) como en posibilidades e canles (varias cámaras e diferentes fontes multimedia).
As instaladas na USC poderán destinarse de xeito inmediato para a realización de xuntanzas de grupos de investigación, visualización e demostración de modelos, para o desenvolvemento de sesións de docencia intercampus, formación distribuída ou en presentacións de altas prestacións cun elevado número de localizacións conectadas.
A día de hoxe, engade a institución educativa, existen máis de 400 salas distribuídas por todo o mundo, sobre todo nos eidos universitario e científico.
Para participar na xornada de portas abertas convocada pola USC cómpre confirmar a asistencia no enderezo electrónico atic.multimedia@usc.es.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

O Instituto da Lingua Galega e a Fundación Barrié presentan ALGa dixital

26/11/2026
Actualidade

O Concello de Boiro habilita un mapa interactivo en liña para coñecer os investimentos nos núcleos

26/11/2026
Actualidade

A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias

26/11/2026
Actualidade

A IA do CITIC da UDC impulsa a reciclaxe de residuos en Galicia e Portugal

26/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?