
Camacho, que verteu estas declaracións no transcurso do I Encontro Internacional de Proteción de Infraestruturas Críticas da Información que se celebra en Madrid, fixo saber que os avisos non veñen da nada, e que as probas que certifican unha concorrencia experta dos terroristas nas novas canles dixitais son numerosas de abondo.
Sen ir máis lonxe, dixo, cómpre ter en conta que Al Qaeda fixo pública recentemente a súa intención de levar a cabo accións nas redes co obxectivo de sabotear ou inutilizar as redes de telecomunicacións, cousa que podería colapsar a actividade socioeconómica dunha boa parte de países.
Para Camacho, este é o intre para protexer integramente as infraestruturas, non só na superficie senón tamén no miolo mesmo das redes de comunicación, de outro xeito o ciberterrorismo podería ter consecuencias ben graves. “Enfrontámonos a unha ameaza real que ten unha gran capacidade de desestabilización debido ao elevado nivel de interconexión do mundo dixital no que vivimos; hoxe un buraco de seguridade pode espallarse doado e xerar consecuencias dramáticas”, sinalou. Neste senso, engadiu, o Goberno non pode ficar só na protección real das infraestruturas críticas, case 4.000, e máis se temos en conta que unha boa parte delas están en mans de empresas.
O Executivo sinala que o auxe do ciberterrorismo podería ter consecuencias dramáticas
Compartir Este Artigo
