Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A final española da First Lego League xa ten vencedores
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A final española da First Lego League xa ten vencedores

Raquel Noya
Publicado: 23/02/2010
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

fist_lego_league.jpgO pasado domingo, rodeados dun gran ambiente de xogos e solidaridade, os finalistas da fase española da First Lego League, unha competición internacional de robótica dirixida a mozos e mozas de entre 10 e 16 anos, medían os seus coñecementos neste eido no CosmoCaixa de Barcelona.
En total, uns 24 equipos de escolares procedentes de Navarra, Barcelona, Cornellá, Madrid, Albacete, Ibiza, Andalucía, Extremadura e Euskadi tomaron parte nesta gran final española, onde o vencedor foi o equipo Blau La Vall de Barcelona.
Máis de 600 persoas asistiron á competición na que os equipos de escolares medían as súas forzas en deseño de robot, actuación do robot na mesa de competición, traballo en equipo e proxecto científico en torno ao reto do ano: Smart Move ou Transporte eficiente.
O campión absoluto resutante desta final, o equipo barcelonés, foi o que máis puntuación acadou nas catro categorías da competición, tendo o mesmo valor cada unha delas: 25 por cento deseño robot, 25 por cento proxecto científico, 25 por cento competición en mesa e 25 por cento traballo en equipo.
O campión dispón agora dunha semana para escoller o torneo internacional ao que quere acudir: o World Festival (Atlanta 15-17 de abril), o Open European Championship (Estambul 22-24 de abril) ou o Open Asian Championship (Taiwán 6-8 de mayo).
Empregando os equipos tecnolóxicos de LEGO Mindstorms e ilimitadas pezas de LEGO, os nenos e nenas traballan co seu adestrador para construír e programar un robot que resolva o desafío anual mediante retos da vida real, neste caso o deseño de medios de transporte eficientes. Tamén deben investigar en Internet, conversar con científicos, visitar bibliotecas e librarías para realizar un proxecto científico que deberán presentar diante dun xurado formado por científicos, profesores, universitarios…
Grazas a este proxecto, os participantes desenvolven habilidades creativas, pensamento analítico, comunicación e traballo en equipo, ademais de adquirir coñecementos técnicos e científicos.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

O Instituto da Lingua Galega e a Fundación Barrié presentan ALGa dixital

26/11/2026
Actualidade

O Concello de Boiro habilita un mapa interactivo en liña para coñecer os investimentos nos núcleos

26/11/2026
Actualidade

A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias

26/11/2026
Actualidade

A IA do CITIC da UDC impulsa a reciclaxe de residuos en Galicia e Portugal

26/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?