Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A obra gráfica de Castelao estará accesible para a comunidade internauta de todo o mundo
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A obra gráfica de Castelao estará accesible para a comunidade internauta de todo o mundo

Fernando Sarasketa
Publicado: 24/02/2010
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

200px-Castelao.jpgO exhaustivo traballo de dixitalización da obra gráfica de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao que realizou a Fundación que leva o seu nome poderá verse de preto na Rede e dende calquera recanto do mundo. O labor do padroado, que non se centrou unicamente en escanear e clasificar (senón tamén en atopar ata o último debuxo do artista e político rianxeiro, algún case que perdido no eido da emigración), desenvolveuse ao longo de 25 anos e, segundo se conta na web Xornal.com, poderá ser visto nas webs da Fundación e do Centro Superior Bibliográfico de Galicia.
A obra localizada e dixitalizada, que lle foi entregada á Consellería de Cultura o 29 de xaneiro, preséntase como unha aposta por preservar a identidade galega a través dunha das figuras humanas que máis soubo resumila, agora máis presente ca nunca no acubillo multicanle da Rede.
A iniciativa, que contou con Miguel Anxo Seixas (vicepresidente do dito padroado) en labores de dirección, recibiu un importante pulo orzamentario co anterior goberno da Xunta, que puxo en xogo subvencións para a contratación de bolseiros e así dar atopado ata a máis recóndita das pezas gráficas de Castelao, algunhas das cales xa se daban por desaparecidas.
Os traballos deron com resultado 3.800 entradas, na súa maior parte imaxes da obra de Castelao. Segundo engade Xornal, semella que os apoios a este labor de dixitalización non rematarán co devandito, e nesta liña inclúese o compromiso da actual Consellería de Cultura para facer que a catalogación estea agora na Internet, en libre consulta para investigadores de toda a comunidade en liña, consulta que como dixemos poderá levarse a cabo a través da páxina web da Fundación Castelao e da web do Centro Superior Bibliográfico de Galicia, axiña emprazado na Biblioteca de Galicia da Cidade da Cultura de Santiago.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

O Instituto da Lingua Galega e a Fundación Barrié presentan ALGa dixital

26/11/2026
Actualidade

O Concello de Boiro habilita un mapa interactivo en liña para coñecer os investimentos nos núcleos

26/11/2026
Actualidade

A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias

26/11/2026
Actualidade

A IA do CITIC da UDC impulsa a reciclaxe de residuos en Galicia e Portugal

26/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?