A Rede de Dinamización da Sociedade da Información, en colaboración co concello de Boiro, vén de anunciar as actividades de achegamento ás novas tecnoloxías que terán lugar no vindeiro mes de marzo na aula de dinamización da vila costeira. Os obradoiros que se van desenvolver e que se inclúen na iniciativa Empoderamento Feminino, destinada especificamente ás mulleres, son os que seguen:
-Alfabetización dixital: Busca capacitar ás mulleres asistentes no manexo das ferramentas e funcionalidades básicas que ofrece un computador, así como tamén do manexo básico da Rede e os contidos asociados a esta, tales como os buscadores, as webs… Desenvolverase de 18:30 a 20:00 horas desde o luns 1 ao luns 8 de marzo.
-Creación dunha conta de correo electrónico: Busca capacitar as mulleres asistentes na creación e manexo dunha conta de correo electrónico para usala na súa vida cotiá. Desenvolverase de 18:30 a 20:00 horas desde o martes 9 ao luns 15 de marzo.
-Ciberxénero: Busca dar a coñecer páxinas relacionadas co xénero feminino onde poden atopar recursos de interese. Desenvolverase de 18:30 a 20 horas desde o martes 16 ao luns 22 de marzo.
-Cita médica a través de Internet: A través de este obradoiro, as mulleres aprenderán como solicitar unha cita para o médico de cabeceira ou modificar os datos da súa tarxeta sanitaria a través de Internet. Terá lugar de 18:30 a 20:30 horas o luns 23 de marzo.
-Creación e edición de presentacións: Busca capacitar as mulleres asistentes na creación de presentacións con Impress así como na súa edición para retocalas. Realizarase de 18:30 a 20:00 horas desde o mércores 24 ao martes 30 de marzo.
A marxe destas actividades na aula de dinamización da vila coruñesa desenvolveranse 2 obradoiros máis destinados á toda a poboación en xeral.
-Alfabetización dixital: Destinado á poboación xeral. Busca capacitar ás persoas asistentes no manexo con certa soltura das ferramentas e funcionalidades básicas que ofrece un computador, asi como tamén do manexo básico de Internet.Terá lugar de 11:00 a 13:00 horas desde o martes 2 ao venres 12 de marzo.
-Manexo de Base de datos: Este obradoiro busca capacitar aos asistentes no manexo con certa soltura dun programa de software libre que serve para crear bases de datos. Desenvolverase de 11 a 13 horas desde o martes 16 ao venres mércores 25 de marzo.
As persoas interesadas en inscribirse nestas actividades teñen de prazo ata o día do comezo de cada unha delas ou, de ser o caso, ata o fin de prazas. Para solicitar máis información, os usuarios e usuarias poden dirixirse ao CDSI de Boiro, sito no Centro Social, 2º andar, chamar ao teléfono 981.842.635 ou mandar un correo electrónico aos enderezos: natalia.rianxo@dinamiza.fundacioncalidade.org e samuel.boiro@dinamiza.fundacioncalidade.org, correspondentes aos dinamizadores do centro.
O CDSI de Boiro achega o seu programa de actividades para marzo
Compartir Este Artigo

