
Mar Pereira indicou que a eAdministración é unha demanda desde o momento en que «todos os cidadáns son potenciais usuarios dela directa ou indirectamente en calquera dos seus ámbitos, local, autonómico ou estatal e esixen uns servizos de calidade sen distinción do nivel administrativo». Tamén afirmou que esta demanda está xa recoñecida como unha necesidade ante o aumento dos servizos requiridos polos cidadáns e as empresas que «fan necesaria unha automatización da xestión pública, a introdución de sistemas transparentes de traballo, a utilización de medios telemáticos para manter uns tempos de resposta aceptables e a coordinación entre os distintos niveis administrativos».
A secretaria xeral lembrou que o desenvolvemento da eAdministración «é xa un obriga» recollida polo Goberno estatal na lei 11/2007 de Acceso Electrónico dos Cidadáns aos Servizos Público, que supuxo un cambio significativos na Administración Electrónica en España ao sinalar que o servizo ao cidadán esixe consagrar o seu dereito a comunicarse coas entidades públicas a través dos medios electrónicos.
Nesta mesma liña se traballa desde a Unión Europea a través da European Information Society i2010, unha estratexia adoptada polos países membros que busca impulsar oportunidades para o crecemento económico e empregos en Europa a través da promoción dunha economía dixital aberta e competitiva. Entre os obxectivos globais desta estratexia, segundo explicou Mar Pereira, está o de conseguir unha Sociedade de Información Europea inclusiva que prioriza unha mellor calidade de vida e un mellor servizo público.
Mar Pereira reitera o compromiso da Xunta a prol da Administración Electrónica
Compartir Este Artigo

