Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Increméntase o número de usuarios que descargan contidos ilegais en Francia
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Increméntase o número de usuarios que descargan contidos ilegais en Francia

Raquel Noya
Publicado: 10/03/2010
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

sarkozy.jpgÉ moi posible que Sarkozy, o presidente da República francesa creador da polémica Lei de Creación e Internet, (a que prevé a desconexión dos internautas reincidentes que descarguen contidos P2P) non coñeza o dito galego “non queres caldo?… tres tazas”, pero dende logo xa o está a sufrir nas súas propias carnes.
Segundo vén de demostrar un estudo realizado pola Universidade de Rennes (PDF), o número de persoas que descargan contidos protexidos por dereitos de autor sen autorización en Francia incrementouse un tres por cento nos tres meses seguintes á aprobación do proxecto persoal do espilido presidente.
Malia que esta lei aínda non entrou en vigor, a investigación demostra que que cada vez máis internautas adoptan medios de intercambio alternativos ao P2P, a única práctica de descarga de contidos non autorizados que contempla dita lei.
Asemade, o estudo afirma que o 15 por cento dos usuarios de redes P2P deixaron de usalas tras a aprobación da lei, aínda que destes últimos só un terzo afirma ter renunciado ás descargas.
Isto é asó porque o texto da lei ignora outros métodos cada vez máis estendidos de intercambios de arquivos, como as descargas directas (en servizos como Rapidshare ou Megaupload), ou o ”streaming” non autorizado de material protexido. Precisamente, o informe divide aos “piratas” en “Hadopi” (usan P2P) e “non Hadopi”(utilizan outros métodos non previstos pola lei).
Entre os internautas que seguen a empregar o P2P para as súas descargas, o 25 por cento recoñece que as súas prácticas cambiaron dende a aprobación da lei.
En total, o número de usuarios que descargan material protexido aumentou un 3 por cento nos tres meses posteriores á aprobación da Lei Hadopi.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

O Instituto da Lingua Galega e a Fundación Barrié presentan ALGa dixital

26/11/2026
Actualidade

O Concello de Boiro habilita un mapa interactivo en liña para coñecer os investimentos nos núcleos

26/11/2026
Actualidade

A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias

26/11/2026
Actualidade

A IA do CITIC da UDC impulsa a reciclaxe de residuos en Galicia e Portugal

26/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?