Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Cluster TIC Galicia anuncia os seus primeiros compromisos
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O Cluster TIC Galicia anuncia os seus primeiros compromisos

Raquel Noya
Publicado: 15/03/2010
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

Comite_Estratexico_Cluster_TIC_Galicia_en_Cidade_da_Cultura.jpgO Cluster TIC Galicia, esa organización integrada por máis dun cento de entidades pertencentes ao sector das Tecnoloxías da Infomación e a Comunicación do noso país, que foi creada recentemente para tratar de impulsar as novas tecnoloxías en toda a sociedade galega, vén de facer pública a súa vontade de “asumir un papel de liderado cara a nova economía de Galicia”, tal e como anunciou durante a súa primeira reunión celebrada en Santiago de Compostela.
Nesta primeira reunión do Comité Estratéxico do Cluster TIC Galicia, a entidade acordou asumir o labor de impulsar e liderar o avance da comunidade autónoma cara un novo modelo económico baseado na innovación, a produtividade, o valor engadido e o desenvolvemento sostible; un modelo, segundo informaron, “asentado no coñecemento que é imprescindible para mellorar a capacidade das empresas galegas de competir nos mercados globais e, deste xeito, crear emprego de calidade e garantir o avance económico e social do país”.
As empresas TIC, segundo informaron dende o Cluster, “teñen unha capacidade demostrada para a innovación e, pola súa transversalidade, é dicir, a súa competencia para desenvolver tecnoloxía que contribúe á mellora da produtividade en todos os sectores, están en disposición de ser o motor da necesaria renovación do modelo económico”.
É por isto que a entidade aposta polo sector das novas tecnoloxías, que representa o 2,15 por cento do PIB de Galicia, como a chave para incrementar os postos de traballo no noso país e sair dunha crise que afecta a tódolos sectores case sen excepcións, a nivel mundial.
“Galicia debe saber aproveitar as súas fortalezas no ámbito das TIC”, afirmaron, “como a existencia de centros universitarios de recoñecido prestixio, un tecido industrial consolidado, a presenza de operadores mundiais e redes locais, ou a demostrada capacidade das empresas galegas para desenvolver tecnoloxía punteira e posicionarse como líderes en cambios tecnolóxicos decisivos”.
Sumándose a todo iso, o Cluster TIC anunciou, asemade, que asume o compromiso de promover a coordinación de todos os axentes económicos, sociais, profesionais e académicos, e de traballar a carón das administracións para desenvolver sinerxias, impulsar a cooperación entre os distintos actores, mellorar as vías de financiamento das empresas e facilitar o seu acceso aos mercados. Como entidade representativa do hipersector, o Cluster TIC Galicia traballará, segundo anunciou, “para ser parte activa na definición de políticas públicas que incentiven a demanda temperá de tecnoloxía, que impulsen a expansión das redes de nova xeración e o uso da banda ampla, e que favorezan a competitividade das empresas da comunidade autónoma, todo iso nun marco de apoio ao espírito emprendedor, fomento da iniciativa privada e respecto á libre competencia”.
Nesta primeira reunión do Comité Estratéxico, tamén se acordou a composición do Comité de Dirección do Cluster TIC de Galicia, órgano executivo da entidade, que queda integrado, entre outras persoas, por Rafael Valcarce Baiget como presidente, Antonio Rodríguez del Corral como vicepresidente, e Jorge Cebreiros Arce como secretario.
Antes da súa reunión oficial, os membros do Comité Estratéxico acudiron á Cidade de Cultura de Galicia co obxecto de realizar a súa foto de familia nas dependencias deste proxecto emblemático.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

O Instituto da Lingua Galega e a Fundación Barrié presentan ALGa dixital

26/11/2026
Actualidade

O Concello de Boiro habilita un mapa interactivo en liña para coñecer os investimentos nos núcleos

26/11/2026
Actualidade

A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias

26/11/2026
Actualidade

A IA do CITIC da UDC impulsa a reciclaxe de residuos en Galicia e Portugal

26/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?