Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Celébrase o primeiro pleno do Observatorio da Sociedade da Información e a Modernización de Galicia
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Celébrase o primeiro pleno do Observatorio da Sociedade da Información e a Modernización de Galicia

Redacción
Publicado: 22/03/2010
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

osimga_pleno.jpgA secretaria xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica, Mar Pereira, presidiu hoxe o primeiro pleno do Observatorio da Sociedade da Información e a Modernización de Galicia (OSIMGA), un órgano de nova creación, que fusiona os dous observatorios existentes ata o de agora (OGSI e OCEG), e que se nace como o instrumento único para desenvolver estudos e análises de datos sobre a situación da sociedade da información en Galicia, a modernización administrativa e administración electrónica. Nesta primeira xuntanza presentouse o plan de actividades 2010 e a nova páxina web. Ademais, déronse a coñecer os últimos datos sobre os indicadores de acceso e o uso das novas tecnoloxías por parte da cidadanía, as empresas, o sector TIC e o panorama actual das telecomunicacións na Comunidade.
A información recollida no informe Estado da Sociedade da Información en Galicia 2009 enmárcase dentro das actividades cualificadas como observacións de carácter xeral nas que traballará o Observatorio e que permitirá coñecer o nivel de desenvolvemento, a tendencia e posibles problemáticas que poden afectar ao desenvolvemento das novas tecnoloxías na sociedade e nas empresas así como na aplicación do modelo de eGoberno nas administracións públicas.

Mar Pereira presidiu o pleno do OSIMGA
Mar Pereira presidiu o pleno do OSIMGA
Outra das tarefas do OSIMGA é a de realizar observacións planificadas de carácter temático, é dicir, promover e xestionar a elaboración e difusión de publicacións técnicas, impresas ou electrónicas, específicas e monográficas ou de publicación periódica. Ademais, o OSIMGA facilitará datos a outros organismos e entidades con competencias específicas na materia para o que promoverá a colaboración e cooperación con outros observatorios estatais, autonómicos e europeos para contrastar indicadores, compartir boas prácticas e establecer sinerxías de actuación.
O pleno do Osimga, presidido pola secretaria xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica da Xunta de Galicia, Mar Pereira, está integrado por outros membros desde departamento autonómico, representantes das Consellerías de Economía e Industria, Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, Facenda e do Instituto Galego de Estatística xunto cun titular de competencias no ámbito da Sociedade da Información pertencente á Administración do Estado, un representante das universidades públicas galegas e unha persoa designada pola Federación Galega de Municipios e Provincias. Ademais, cóntase coa participación de dúas personalidades de recoñecido prestixio en materia da sociedade da información e de modernización administrativa, o divulgador e profesor de Sistemas da Información na IE Bussines School, Enrique Dans e o ex conselleiro de Presidencia da Xunta, Dositeo Rodríguez, respectivamente.

Informe do Estado da Sociedade da Información en Galicia 2009 presentado hoxe polo OSIMGA

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

O Instituto da Lingua Galega e a Fundación Barrié presentan ALGa dixital

26/11/2026
Actualidade

O Concello de Boiro habilita un mapa interactivo en liña para coñecer os investimentos nos núcleos

26/11/2026
Actualidade

A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias

26/11/2026
Actualidade

A IA do CITIC da UDC impulsa a reciclaxe de residuos en Galicia e Portugal

26/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?