Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O portal de Novaxove aposta polo formato de rede social pero deixa aparcado o galego
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O portal de Novaxove aposta polo formato de rede social pero deixa aparcado o galego

Fernando Sarasketa
Publicado: 23/03/2010
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

novaxove_portal_novo.jpgA xuízo de Caixanova, a innovación emite unha nota máis alta cando se leva a cabo mentres todo semella novo. Deste xeito, asumindo a vangarda (pero obviando a versión en galego, lingua que non vemos por ningún lado malia estar na versión anterior), é como a caixa galega está a presentar estes días a renovación da face web da súa tarxeta Novaxove, dirixida á mocidade e agora reconvertida como “rede social para que os seus usuarios dispoñan de blogs baseados no WordPress, ferramentas 2.0, rexistros compartidos, álbums de fotos, agasallos, concursos, certames e entradas a concertos, entre outras cousas”, sinala a entidade financeira nun comunicado.
A idea da remodelación, sinala, non era só a de adaptar a tarxeta aos novos tempos, senón mesmo a de adiantarse a eles. Deste xeito, o espazo creado arredor de Novaxove achegaría información nun camiño (de Caixanova aos usuarios) impulsando os restantes (dos usuarios á entidade, de usuarios a usuarios). Porén, insistimos, fica pendente a inclusión da nosa lingua, reducida a súa presenza ao nome do servizo, Novaxove, e coa particularidade de que nin sequera a palabra “xove” existe no noso idioma como termo ligado a xuventude, senón ao concello lucense do mesmo nome.
“Co obxectivo de avanzar e afianzarse no cambiante eido de Internet”, informa a caixa, “a nova versión 3.0 do portal de acceso da tarxeta preséntase en toda España como unha rede social que ofrece aos seus usuarios a posibilidade de intercambiar imaxes, vídeos e opinións, ao temo que fai máis doada a súa participación en grupos de interese e actualidade, ou na creación de blogs baixo o dominio tunombre.novaxove.com”. Polo que respecta á estrutura forma da web remodelada, dicir que se articula en diferentes cadernos persoais para dar meirande acubillo a cuestións de hoxe, talentos novos ou ben iniciativas emprendendoras. Neste grupo, precisamente, insírese o blog Emprende, no que se vai dar cabida a cursos, seminarios e información variada sobre as opcións que hai arestora dispoñibles na nosa terra para pór en marcha unha empresa propia. A este caderno en liña cómpre engadir Tes talento, un espazo encamiñado a poñer de relevo o que moitas/os mozas/os xa están a facer dende o punto de vista creativo e sen que (ata o de agora) as súas obras dean chegado ao gran público. Amais de todo isto, a nova web xirará arredor da súa presenza diaria nas redes máis salientables: Facebook, Tuenti ou Twitter.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?