Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Os asistentes ao II Seminario Sociedade da Información en Galicia analizan o noso futuro en materia de novas tecnoloxías
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Os asistentes ao II Seminario Sociedade da Información en Galicia analizan o noso futuro en materia de novas tecnoloxías

Raquel Noya
Publicado: 24/03/2010
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

mar_pereira_e_xose_garcia_mendes.jpgA secretaria xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica, Mar Pereira, que vén de participar, esta mesma mañá, na segunda edición do Seminario Sociedade da Información en Galicia, organizado pola revista Socinfo, lembrou na súa actuación, o cambio de estratexia decidido polo Goberno galego hai un ano en materia de novas tecnoloxías coa creación dun único órgano directivo, dependente da Presidencia do Goberno para planificar todas as actuacións TIC da Administración autonómica. Este foi, segundo a responsable do departamento autonómico, “o primeiro paso na forte aposta do Executivo galego pola integración das TIC en todos os ámbitos da sociedade”.
Neste acto, que reunía a representantes tanto da Administración autonómica, como das deputacións e os concellos para analizar a situación actual e os plans de futuro en materia de novas tecnoloxías na Comunidade, Pereira apuntou que a dotación de infraestruturas tecnolóxicas aos servizos públicos “é fundamental para avanzar na implantación da iniciativa eGoberno, un novo modelo de relación entre a Administración, a cidadanía e as empresas”.
A titular de Modernización fixo clara referencia aos tres ámbitos sectoriais nos que a Xunta está a implantar as novas tecnoloxías para mellorar os servizos públicos, que son: a sanidade, a educación e a xustiza.
Do primeiro fixo balance da e-receita, implantada a finais de 2008 e da que no 2009 foron prescritas máis de 7,5 millóns en centros de atención primaria nos que están adscritas máis de 1.200.000 persoas. Na educación, o proxecto ABALAR introducirá no vindeiro curso o concepto de Centro Educativo Dixital en máis de 700 aulas e dotará a 14.500 alumnos de ultraportátiles. A Xunta investirá nesta primeira fase máis de 12 millóns de euros.
Na área da Xustiza, estase a establecer unha estratexia e unha planificación temporal e de recursos para racionalizar e redeseñar os procesos, actualizar os sistemas de información e despregar as infraestruturas e medios tecnolóxicos necesarios, cun investimento de máis de 2,1 millóns de euros. O seguinte paso será o desenvolvemento do Primeiro Plan de Sistemas e Tecnoloxías da Información na Xustiza da Comunidade.
Para avanzar na implantación de todas estas actuacións e garantir o dereito dos cidadáns a relacionarse coa administración en todos os seus niveis a través dos medios electrónicos, Mar Pereira lembrou que “xa se está a traballar na mellora e na estensión das infraestruturas de telecomunicacións co Plan Director de Banda Larga 2010-2013”, que busca, entre outras cousas, achegar o acceso a Internet aos máis de 786.000 galegos e galegas que na actualidade non dispoñen dun servizo de calidade.
A alfabetización dixital foi outro dos aspectos cualificados de “imprescindibles” pola secretaria xeral de Modernización “para acadar a plena integración das TIC”. Neste campo, Mar Pereira destacou a posta en marcha da Rede de Centros para a Modernización e a Inclusión Tecnolóxica de Galicia CeMIT, que coordina as máis de cen aulas dependentes da Xunta e a colaboración do Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia para fomentar actividades de alfabetización dixital dos colectivos con máis dificultades de acceso ás novas tecnoloxías.
“Constituír un sector TIC forte e unido é outro dos eixes básicos no impulso do proxecto tecnolóxico que está a desenvolver o Goberno galego”. Neste sentido, Mar Pereira, valorou a creación do Cluster TIC e amosou o apoio constante da Administración autonómica ao sector.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?