Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: As casas galegas de turismo rural achegarán o necesario para a práctica do geocaching
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

As casas galegas de turismo rural achegarán o necesario para a práctica do geocaching

Fernando Sarasketa
Publicado: 24/03/2010
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

Na procura do tesouro nos Canóns do Sil, achegado por Alicar2010 ao Flickr
Na procura do tesouro nos Canóns do Sil, achegado por Alicar2010 ao Flickr
A innovación empresarial non só consiste en ollar cara a diante cando se parte de cero: a clave do asunto está en facelo mesmo cando xa se colleu velocidade. O sector hostaleiro galego quere situarse nesta liña: na do tecido produtivo que malia ter todo ao seu favor (servizo, paisaxe, experiencia) bule para tirar proveito do avance comunicativo presente. O labor da entidade FEGATUR, Federación Galega de Turismo Rural, non semella unha excepción a isto, e máis se temos en conta a iniciativa que presentou esta mesma semana na súa sede da Casa do Cruceiro en Biduído (Ames): un programa innovador que consiste en achegarlles aos clientes dos establecementos da nosa terra os recursos necesarios para a práctica do geocaching, actividade de lecer que consiste en agochar e atopar tesouros coa axuda dun trebello GPS (logo de que as coordenadas xeográficas do agocho se fagan públicas, polo xeral en webs específicas para iso a disposición dos rastrexadores).
O geocaching, práctica que leva funcionando con éxito en certos países europeos e en Estados Unidos, ten segundo os responsables desta iniciativa un amplo potencial na nosa terra, e máis aínda no eido do rural, un espazo paisaxística e medioambientalmente falando ben salientable.
O obxectivo de FEGATUR con esta iniciativa (Geocaching, descubrindo os tesouros no Turismo Rural) é estendela entre os seus aloxamentos asociados como un servizo complementario que “revalorice as estadías dos visitantes, tanto nacionais como internacionais, que acheguen a Galicia para gozar deste tipo de turismo e dos seus moitos recursos, tanto etnográficos como culturais, gastronómicos e naturais”, sinalou a Federación durante a presentación desta proposta de lecer tecnolóxico.
O geocaching, que se pode practicar a título individual ou en grupo (con varios niveis de dificultade) xurdiu hai uns dez anos, e paseniño, foise aplicando ao eido da hostalería. Malia todo, a iniciativa de FEGATUR semella ser pioneira no que se refire ao alcance do servizo, articulado nunha campaña global de oferta turística. Segundo conta a federación, o servizo (cun suplemento de 15 euros por persoa) reservarase nos propios aloxamentos rurais, sendo preciso o seguinte equipo para tirar partido das súas moitas potencialidades: GPS de man, ficha do caché coas coordenadas e pescudas para a solución dos enigmas (o achado dos tesouros que os aloxamentos dispoñan) e pick-nick.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?