Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Víctor López, da empresa AVA, elixido novo presidente de EGANET
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Víctor López, da empresa AVA, elixido novo presidente de EGANET

Fernando Sarasketa
Publicado: 25/03/2010
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

victor_lopez_pres_eganet.jpgAs firmas integrantes da Asociación de Empresas Galegas Adicadas a Internet e ás Novas Tecnoloxías (EGANET) veñen de designar a Víctor López como novo presidente da entidade. A decisión anunciouse a tarde deste xoves 25 de marzo tras a asemblea das 55 empresas que dan forma á dita plataforma empresarial TIC, unha das máis activas á hora de defender os intereses do sector (tal e como se viu estes meses no seu decidido apoio ao Clúster TIC) e na promoción das vantaxes das canles do coñecemento no país. Por certo que no encontro de hoxe tamén se fixo saber a composición da nova xunta directiva que acompañará a Víctor López ao longo dos vindeiros anos no seu posto. O novo presidente, que ten unha ampla experiencia tecnoloxico-empresarial á fronte de AVA (Teo), substitúe a Beatriz Legerén no devandito cargo, quen levaba catro anos á fronte da asociación.
Acompañarán a Víctor López na nova directiva de EGANET, como vicepresidente 1º, Daniel Cerqueiro, da empresa Galinus, de Corcubión; como secretario, Alejandro Lamas, de Sixtema (Santiago de Compostela); e como tesoureiro, Carlos García, de Isenda Telemática (Arteixo). Completan o equipo Ricardo Álvarez, da empresa Netex Knowledge Factory, emprazada en Oleiros, que ocupará a Vicepresidencia 2ª; e Iván Fociños (Hospedaxes, da Coruña) e Pablo López (Hacce Soluciones TIC, de Vigo), como voceiros de Formación e Comunicación, respectivamente.
Ao longo do acto celebrado hoxe en Compostela, o presidente entrante tivo ocasión de anunciar as liñas estratéxicas da súa etapa á fronte de EGANET, liñas que pasan en boa medida por consolidar os logros acadados pola anterior xunta directiva (entre os que se contan meirandes proxección social e representatividade, cun medre salientable da base de empresas sociais) e por afrontar os novos retos establecidos na súa candidatura para este mandato. Entre estes retos atópanse os seguintes: procura de alianzas con entidades para desenvolver proxectos tecnolóxicos, ampliación de servizos ás empresas sociais, incremento de oportunidades de negocio e apoio ás firmas que xurdan no eido das novas tecnoloxías. Neste último senso, está prevista a creación dun programa de titorización para emprendedores de proxectos novos ou en fase de creación que precisen consello e asesoramento nos temas nos que as empresas da asociación TIC teñen máis experiencia.
A traxectoria do novo presidente
O novo presidente de EGANET é licenciado en Ciencias Físicas. Emprendedor en TIC dende o remate dos seus estudos na Universidade de Santiago de Compostela, cofundou en 2002 a empresa AVA Solucións, na que é consultor de desenvolvemento de negocio e responsable de proxectos. Previamente desenvolveu labores de xestión técnica da rede de telefonía móbil da Xunta, para a empresa Telefónica Servizos Móbiles. Relator en diversos congresos de novas tecnoloxías, Víctor López é membro do grupo de Turismo da plataforma tecnolóxica Vindeira e participou como investigador principal en proxectos de investigación no ámbito de turismo e TIC, con indagacións nas tecnoloxías de personalización e web semántica aplicadas a centrais de reservas; así como noutros eidos de estudo como o dos servizos de banda ampla en zonas non urbanas, antenas de altas prestacións de radiación toroidal para aplicacións WLAN ou Sensor-Software Integrated Network, proxectos desenvoltos en colaboración coa USC e universidades internacionais como a de Perugia e a napolitana Federico II.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?