Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Especialistas en redes auguran en Santiago un futuro virtual para os servizos de atención ao cliente
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Especialistas en redes auguran en Santiago un futuro virtual para os servizos de atención ao cliente

Fernando Sarasketa
Publicado: 25/03/2010
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

apd_asistentes_virtuais.jpgSe nos falan de asistentes virtuais e non estamos moi introducidos no eido dixital, é posible que non cheguemos a entender o alcance do tema. Porén, a cousa cambia se damos un paso atrás e antes de meternos de cheo nas redes lembramos que calquera empresa ten a día de hoxe unhas persoas e uns servizos dedicados en exclusiva á comunicación con clientes, socios ou provedores. Pois ben, un asistente virtual viría a recoller este cometido e a mesturalo coas particularidades da nova comunicación, a que acontece en dispositivos móbiles, ordenadores e demais. Disto, de tirar partido destes espazos para chegar a novos niveis de diálogo cos clientes, falouse arreo hoxe no Hotel Porta do Camiño, escenario dunha xornada dirixida por APD, Artificial Solutions e Elaboro.
O encontro, de feitura empresarial, celebrouse no Hotel Porta do Camiño de Santiago e serviu, entre outras cousas, para deixar claro que o futuro da atención ao cliente están na Internet e nas redes sociais.
A xornada, que anunciamos onte, contou entre outros coa presenza de Jesús Velasco, responsable de Elaboro, quen abriu as sesións facendo un repaso das principais innovacións rexistradas nos últimos tempos en materia de diálogo con compradores, reais ou potenciais. Ao seu xuízo, estes constitúen o núcleo arredor do cal debería xirar sempre a política de calquera empresa, política que coa concorrencia masiva de organizacións e cidadáns en Internet non pode deixar de lado a innovación comunicativa.
A xornada tamén contou coa participación de Joan A. Ahlund, responsable de Artificial Solutions, quen explicou que a tecnoloxía do futuro xa está aquí, e que unha proba diso é o espallamento dos devanditos asistentes virtuais, recursos que non se limitan a simples animacións gráficas senón que son quen de responder de xeito concreto ás consultas achegadas polos visitantes dun espazo web e empregando a linguaxe natural, “contribuíndo así a reducir custes e a mellorar a calidade da asistencia ao cliente, así como a xerar máis vendas”.
Ahlund tamén salientou que o custe por consulta resulta é moito menor có que se xeraría a través doutras canles como o correo electrónico ou o teléfono, o mesmo o chat. Ao seu xuízo, “o prezo e a calidade da atención ao cliente convertéronse nun problema que medra, e cada máis negocios e interaccións con clientes acontecen en liña”, polo que está claro que este tipo de servizos daranse nas redes cada vez en maior medida. En termos concretos, e facéndose eco de datos da consultora Gartner, Ahlund sinalou que está previsto que para 2014 máis do 35% das organizacións de Global 200 empreguen asistentes virtuais baseados na Web para achegar contido de autoservizo.
No encontro celebrado en Santiago tamén interviñeron Fernando Gallego (director de vendas de Artificial Solutions Iberia), Ignacio Bañó (socio de Intelligence Partner), Andrés Mazaira (director xeral de Sogaserso e profesor de Organización de Empresas da Universidade de Vigo) ou Marcelino Otero (conselleiro delegado de Netaccede).

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?