Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Arrinca o XGN máis tecnolóxico
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Arrinca o XGN máis tecnolóxico

Raquel Noya
Publicado: 26/03/2010
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

XGNcronica2.jpgPoucas cousas cambiaron dende que, once anos atrás, daba comezo a primeira edición do Xuventude Galicia Net na capital galega; as ilusións dos internautas son as mesmas, as ansias por coller o mellor sitio tamén, os nervios por chegar a tempo tamén, os preparativos dos días anteriores tamén e ata o aprovisionamento de comida, bebidas enerxéticas e almofadas para pasar a noite seguen a ser un clásico nesta party galega por excelencia.
Porén hai algo que cambiou moito nestes once anos e que confirma que as novas tecnoloxías evolucionaron para mellor: os participantes xa non chegan con carros da compra cargados con grandes ordenadores e pesadas pantallas que entorpecen o transcorrer da xornada, agora, aínda que segue a haber algúns internautas fieis ao seu PC tradicional, os máis veñen equipados con cómodos portátiles e prácticos discos duros externos de gran capacidade para levar todo tipo de contidos do XGN.
XGNcronica3.jpgEn pouco menos de hora e media, o Palacio de Congresos e Exposicións de Galicia, en Santiago de Compostela, pasou de ser un recinto vacío con algúns carteis que anunciaban a eminente chegada da party informática máis importante de Galicia a ser un pabillón tecnolóxico cheo de internautas, stands, ordenadores e videoconsolas totalmente organizado e disposto a acoller a todo tipo de visitantes, entre eles os grandes protagonistas da xornada: o secretario xeral de Medios, Alfonso Cabaleiro e o director xeral de Xuventude, Ovidio Rodeiro, que acudiron persoalmente á cita para ter contacto cos internautas e comprobar o bo funcionamento da conexión.
Este ano, o Xuventude Galicia Net, que se desenvolverá dende hoxe ata o vindeiro domingo, converteuse nun espazo de encontro xuvenil, de formación e de iniciación ao mundo dixital, onde non faltan os xogos, os concursos e os espazos comúns nos que interactuar con distintas ferramentas tecnolóxicas como as que ofrece o stand de GaliciaDixital ou o da CRTVG, que celebra o seu 25 aniversario.
Ao longo destes tres días, os e as internautas participantes, grazas á conexión ultrarrápida a Internet da que dispoñen no Palacio de Congresos, terán tempo de sobra para compartir todo tipo de contidos, probar as súas habilidades cos videoxogos máis actuais e escoitar a música máis moderna, que xa dende esta mañá soaba de fondo amenizando a xornada a golpe de Guns N´ Roses ou Rolling Stones, entre outros cañeiros.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?