Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A gala dos Mestre Mateo deste ano apelarán ao humor para promocionar o audiovisual galego
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A gala dos Mestre Mateo deste ano apelarán ao humor para promocionar o audiovisual galego

Raquel Noya
Publicado: 26/03/2010
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

Premios_Mestre_Mateo.jpgO secretario xeral de Medios, Alfonso Cabaleiro, que esta mañá tivo unha axenda apretada por mor de achegarse persoalmente ata a inauguración do Xuventude Galicia Net no Pazo de Congresos e Exposicións de Galicia, foi un dos encargados de presentar, posteriormente, o programa da gala dos Premios Mestre Mateo deste ano, nunha rolda de prensa que tivo lugar en Arteria Noroeste, onde tamén se congregaron outras personalidades importantes tales como o Presidente da Academia Galega do Audiovisual, Xosé Manuel Olveira “Pico” ou Tania Rodríguez, produtora executiva da Gala e vogal da xunta directiva da AGA, entre outros.
A gala deste ano, que se celebrará o vindeiro día 15 de abril no Pazo da Cultura do Concello de Narón, buscará arrincar o sorriso do público, segundo afirmaron dende a Academia, “reinterpretando a actualidade galega en clave de humor, e xogando coa comicidade e a emoción ao redor dos propios traballos finalistas”.
A cerimonia de entrega de premios, que promete ser divertida e rápida, será conducida por Xosé Ramón Gayoso e Xosé Antón Touriñán, e contará coa colaboración de Federico Pérez, Marcos Pereiro, Patricia Vázquez e Víctor Fábregas, entre outros protagonistas da actualidade galega, para a entrega dos galardóns.
Asemade, neste evento do noso audiovisual que cada ano congrega a destacadas personalidades da cultura, a política e da economía galega, entre outros sectores de relevancia, a AGA aproveitará a ocasión para homenaxear á TVG polos seus 25 anos de emisións, e entregaralle o Premio de Honra Fernando Rey ao director de fotografía e realizador Enrique Banet, pola súa traxectoria destacada no audiovisual galego.
As persoas encargadas de presentar o programa desta gala, tamén aproveitaron para presentar outras dúas actividades orientadas á promoción dos traballos finalistas dos Premios Mestre Mateo deste ano, como son a cuarta edición da Semana do Audiovisual Galego e os Encontros Mestre Mateo, que se celebran por segundo ano consecutivo e que servirán, ao igual que o resto de actividades e eventos, para promocionar o audiovisual galego en Galicia e no exterior.
A Semana do Audiovisual Galego desenvolverá o seu programa de proxeccións nun total de 30 salas das catro provincias galegas, dende o luns 5 ata o sábado 11 de abril, mentres que os Encontros Mestre Mateo celebrarán este ano un total de oito mesas redondas (do 6 ao 8 de abril) nas que os profesionais da industria audiovisual achegaranlle aos alumnos e alumnas das escolas vinculadas a este sector as súas experiencias directas.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?