Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Un seminario incidirá no uso das TIC para o fomento do galego no ámbito educativo
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Un seminario incidirá no uso das TIC para o fomento do galego no ámbito educativo

Redacción
Publicado: 29/03/2010
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

dinamizacionlinguistica_V_sem.jpgDurante os meses de abril e maio terá lugar o V Seminario de Dinamización Lingüística no Ensino, unha iniciativa da Secretaría Xeral de Política Lingüística que busca favorecer a integración das novas tecnoloxías nas actividades que se desenvolven nos centros educativos para fomentar o uso da lingua galega, terá lugar nas sete cidades galegas e servirá de escenario onde compartir as experiencias normalizadoras e dinamizadoras máis positivas que se están a desenvolver en distintos centros educativos galegos.
Esta iniciativa quere contribuír á formación dos membros e coordinadores/as dos equipos de normalización e dinamización lingüística (ENDL) dos centros nos novos coñecementos e competencias dimanantes desta era dixital, que obrigou a actualizar os paradigmas tradicionais de acceso e xestión da información, o xeito de comunicármonos e as metodoloxías de aprendizaxe.
Este novo tempo que se impón arestora nas aulas é unha oportunidade para a didáctica e a promoción da lingua galega a través da realización de actividades interdisciplinares, modernas, colaborativas e, sobre todo, atraentes para o noso alumnado.
O criterio preferente de selección para poder asistir a estas xornadas será a pertenza a un ENDL, que deberá certificarse mediante mensaxe electrónica do director ou directora do centro ao CFR correspondente.
Do día 20 ao 22 de abril e do 27 ao 29, o V Seminario de Dinamización Lingüística no Ensino terá lugar nas cidades de Vigo, A Coruña e Lugo. A data límite de inscrición será o 12 de abril. En Ourense, Ferrol e Pontevedra, o seminario realizarase os días 4, 5, 6, 11, 12 e 13 de maio. Mentres que en Santiago de Compostela as datas serán o 4, 5, 6, 11, 12 e 18 de maio. En todas estas cidades o prazo límite para a inscrición será o 23 de abril. As inscricións poderán realizarse a través da sección de formación do profesorado da páxina web da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?