Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Modernización premiará os novos contidos na Rede
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Modernización premiará os novos contidos na Rede

Redacción
Publicado: 29/03/2010
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

A Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica destinará 162.000 euros a premiar o desenvolvemento de novos contidos para Internet destinados a particulares e asociacións non empresariais sen ánimo de lucro no marco do Plano Estratéxico Galego da Sociedade da Información e no Plan Avanza. Esta convocatoria publicarase no Diario Oficial de Galicia nos vindeiros días e busca fomentar a creación de espazos para a Rede que destaquen pola súa creatividade e calidade e que sirvan como elementos tractores no achegamento as novas tecnoloxías a todos os colectivos sociais de Galicia.
Os premios divídense en catro categorías en función dos contidos:de carácter xeral para a rede; contidos públicos en Internet orientados aos colectivos con maiores dificultades de inclusión na sociedade da información: os destinados á promoción do Patrimonio, Cultura e Lingua Galegas, e aplicacións informáticas para a prestación de servizos en Internet que inclúan a formación e o asesoramento sobre a rede nos fogares. En cada categoría contémplanse dúas modalidades, a dos novos contidos desenvoltos por persoas físicas que disporá de catro primeiros premios de 8.000 euros (1 premio por categoría); catro segundos premios de 5.000 euros (1 premio por categoría) e oito terceiros premios de 3.000 euros (2 premios por categoría).

Modalidade

Categoría

2010 (euros)

A: Novos contidos desenvoltos por persoas físicas.

a) Catro primeiros premios de 8.000,00 €

32.000,00 €

b) Catro segundos premios 5.000,00 €

20.000,00 €

c) Oito terceiros premios de 3.000,00 €

24.000,00 €

B: Novos contidos desenvoltos por entidades de dereito público e privado sen ánimo de lucro, agás as administracións públicas e as asociacións de carácter empresarial.

a) Catro primeiros premios de 10.000,00 €

40.000,00 €

b) Catro segundos premios 5.500,00 €

22.000,00 €

c) Oito terceiros premios de 3.000,00 €

24.000,00 €

Total

162.000,00 €

A segunda modalidade é a de novos contidos desenvoltos por entidades de dereito público e privado sen ánimo de lucro (agás as administracións públicas e asociacións de carácter empresarial), na que haberá catro primeiros premios de 10.000 euros (1 por categoría), catro segundos de 5.500 (1 por categoría) e oito terceiros de 3.000 euros (2 por categoría).
Os traballos que se presenten por calquera das dúas modalidades deberán reunir uns requisitos xerais como presentarse en lingua galega e estar acompañados dunha memoria na que se recolla a exposición e descrición do proxecto presentado. Todas as iniciativas deben ser orixinais, non comercializadas e non premiadas con anterioridade nin sufragadas pola Xunta de Galicia ao abeiro doutros programas e estarán publicadas en Internet antes do último día da presentación de solicitudes. Tamén se indicará a URL na que estean publicados os contidos na rede así como a URL na que se poidan descargar os códigos fonte.
En canto aos criterios de avaliación para a elección dos traballos premiados, o xurado valorará a posibilidade de emprego do traballo nas plataformas tecnolóxicas máis estendidas no mercado tanto de escritorio como móbil, utilizando os navegadores web máis empregados, a calidade e a claridade da documentación técnica e dos manuais de usuario. Tamén teranse en conta os aspectos funcionais, técnico-estéticos e psicolóxicos. Outro punto a valorar polo xurado será o grao de innovación da idea, tanto no ámbito autonómico como no estatal ou mundial. A xeorreferenciación das imaxes e o emprego de licenzas libres e estándares abertos tamén puntuarán á hora de elixir aos premiados.
Os interesados en participar na convocatoria poden ter máis información e acceder a toda a documentación no apartado de Axudas da páxina web da Secretaría no que están dispoñibles tanto o borrador dos premios (en formato PDF) coma os formularios do borrador (en formato PDF).

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?