Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A web de MeteoGalicia habilita unha sección de consultas da climatoloxía en tempo real
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A web de MeteoGalicia habilita unha sección de consultas da climatoloxía en tempo real

Raquel Noya
Publicado: 06/04/2010
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

meteogalicia_camino.jpgVisto como está o tempo no que levamos de primavera, e logo de sufrir un dos peores invernos do último lustro, as persoas que tiñan previsto facer o Camiño de Santiago neste Ano Santo 2010, teñen que pensalo dúas veces antes de preparar o macuto e sair das súas casas rumbo á capital galega. Porén para evitar isto e permitir que os pelegríns poidan prever as inclemencias do tempo e iniciar o camiño preparados, a Consellaría de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, a través de MeteoGalicia, vén de por ao servizo dos cidadáns, a través da súa páxina web, unha zona de consultas sobre as condicións meteorolóxicas das diferentes rutas que conforman o camiño de Santiago.
A través destas consultas os internautas poderán coñecer en tempo real a situación climatolóxica de tódalas rutas do Camiño, así como ter datos sobre a predición para o día da consulta e o seguinte.
Trátase dun servizo de mellora que, segundo informan dende o Executivo, “ademais de representar unha actividade de impulso e apoio ao Ano Xacobeo, ofrece unha nova variante de consulta do estado meteorolóxico”.
Deste xeito, os cidadáns que están a facer o Camiño de Santiago e a sociedade en xeral poderán consultar os valores de temperatura, sensación térmica e un informe meteorolóxico coa situación actual. Non obstante, para a predición, ademais da información anterior, ofrecese a posibilidade de coñecer a temperatura máxima e mínima e o vento previsto.
Asemade, os responsables desta ferramenta en liña apostaron por levar a cabo actividades e accións de divulgación e concienciación da meteoroloxía. Neste senso, na páxina web de MeteoGalicia habilitouse un portal dedicado ás novas actividades en formación meteorolóxica coa posibilidade de descargarse arquivos con recursos educativos.
Un dos obxectivos dos responsables de MeteoGalicia é, segundo afirman, “achegar o mundo da meteoroloxía aos cidadáns” e por iso, a través da páxina web, os colexios e os institutos de Galicia poden descargar os formularios para solicitar unha visita ás instalacións a este centro de predicións da Comunidade galega.
Outra das iniciativas dirixidas á comunidade escolar de Galicia é a mostra ExpoMeteoro, que tamén se pode consultar (a través dun documento pdf) no portal web de MeteoGalicia.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?