Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Proliferan na Rede os xogos para vestir e maquillar a persoas famosas
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Proliferan na Rede os xogos para vestir e maquillar a persoas famosas

Raquel Noya
Publicado: 08/04/2010
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

Lady_gaga_videoxogo.jpgHoxe en día, calquera temática, por rara ou superficial que nos pareza, pode servir como argumento para elaborar un videoxogo ou unha película, polo que non é raro que nos atopemos con xente adita a xogos como o famoso Larry, no que os usuarios teñen que manexar a un retaco de home de medio metro dando voltas por un instituto para ligar a tódalas mozas que pille por diante e levalas á cama, ou ao máis recente Coking Mama de Nintendo, que polo visto fai que a cociña sexa “máis divertida”. A dicir verdade, son moitas as persoas que buscan protagonizar o seu propio videoxogo e Lady Gaga, como non podía ser doutra maneira, xa ten o seu, ao igual que o tivo Michel Jackson no seu día ou como o teñen os integrantes da última edición de Gran Hermano no noso país. Esta extravagante artista, denominada por moitos medios como a “última diva en Internet”, vén de lanzarse como moitos outros famosos á conquista dos videoxogos e xa se pode ver en moitas aplicacións en flash para xogar en navegadores, onde os internautas poden escoller o seu look, cambiándolle a roupa e a maquillaxe. En concreto, na páxina Dress Up Who, podemos dar con ducias de títulos do mesmo corte con personaxes distintos, dende bonecos xenéricos ata figuras tan populares como Pedro Picapedra ou a sensual Betty Boop, pasando por Angelina Jolie e a súa parella ou a polémica Britney Spears, que ten ata 6 aplicacións distintas para xogar a vestila e maquillala. Lady Gaga case iguala á súa colega de profesión con cinco videoxogos distintos nos que vestir á cantante e neles podemos retocar tódolos aspectos inimaxinables da boneca, dende as prendas de roupa ata os complementos e os peiteados. Asemade, pódese modificar a maquillaxe e cambiar a música de fondo. Porén na Rede tamén podemos atopar outras aplicacións máis traballadas que tamén usan a imaxe de Lady Gaga para protagonizalas. Trátase do xogo The Pokerisland Quest, unha aplicación na que a cantante debe percorrer unha illa evitando aos paparazzis e recollendo ítems, que foi creada o pasado ano para promocionar o tema Poker face.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?