As salas Yelmo Cines Espacio da Coruña e Yelmo Cines de Vigo van retransmitir este venres 9 de abril o festival colectivo programado en Madrid para homenaxear a figura de Antonio Vega, un dos artistas máis sobranceiros da súa xeración (a que xurdiu da Movida Madrileña) e recentemente finado tras moitos anos de complicacións de saúde derivadas en boa medida da súa adicción ás drogas. O festival, que se celebra baixo o epígrafe Viva Antonio!, retransmitirase nas ditas salas galegas en pantalla xigante, con alta definición, en directo e a través de vía satélite.
A idea da firma Yelmo é aproveitar as novas tecnoloxías da telecomunicación e do audiovisual para ofrecer unha alternativa a quen non poida desprazarse ata Madrid para asistir aos concertos, que comezarán ás 22.00 horas. Estes, por certo, contarán coa presenza de ata 25 artistas de todo o Estado español, entre os que se contan El Gran Wyoming, Miguel Ríos, Manolo García, Quique González, Burning ou os galegos Cómplices e Germán Coppini.
As salas Yelmo da Coruña e Vigo retransmiten vía satélite o concerto de homenaxe a Antonio Vega
Compartir Este Artigo
