Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Casa das Campás de Vigo aposta pola tecnoloxía en 3D para o ensino do debuxo técnico
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Casa das Campás de Vigo aposta pola tecnoloxía en 3D para o ensino do debuxo técnico

Fernando Sarasketa
Publicado: 08/04/2010
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

casa_campas.jpgAs novas tecnoloxías da información e a comunicación, de aplicalas coma o que son, canles que favorecen a transmisión da mensaxe, poden axudar á ensinanza alí onde esta máis se enlea. Por exemplo: en tódalas materias que teñen que ver co coñecemento máis abstracto, enténdanse matemáticas, tecnoloxía ou debuxo técnico. Maneiras de aplicar as ferramentas dixitais na formación terá que haber tantas coma alumnos e ferramentas, pero para a Universidade de Vigo semella que o acompañamento constante de gráficas en 3D pode ser un bo xeito de ir afianzando este novo escenario da docencia. Nesta liña é onde se sitúa a Aula Tecnolóxica da Casa das Campás da Universidade de Vigo, que está a ofrecer un curso de formación permanente co obxectivo de achegar un recurso informático para o traballo con xeometría dinámica na ensinanza, o que ten capacidade de abondo como para facer máis comprensibles materias como as devanditas.
A acción formativa, chamada Xeometría dinámica con Cabri Geometre, baséase en boa medida no emprego dun programa que posibilita, sen que sexan precisos amplos coñecementos de programación, a recreación virtual de todo tipo de elementos ligados ao coñecemento que se achega perante o alumnado: dende figuras xeométricas básicas ata estruturas do máis complexo, fixas ou mesmo animadas a través de tecnoloxía 3D.
O Cabri –este é o nome do software- constitúe unha ferramenta de orientación didáctica para o ensino das materias vinculadas ao debuxo técnico, polo que tería importantes aplicacións nos eidos da Enxeñería, a Arquitectura ou mesmo as Belas Artes.
O curso en cuestión está dirixido tanto a estudantes como docentes, e para acceder a el (como dixemos) non se precisa formación avanzada en software ou xeometría dinámica, malia que si que é preciso ter coñecementos medios de debuxo técnico. A actividade vai dar comezo cunha introdución breve á xeometría dinámica e ao programa informático Cabri Geometre, á súa contorna gráfica, menús, ferramentas e área de traballo. O curso desenvolverase desde o 10 ata o 24 de abril, os xoves pola tarde en horario de 19.00 a 21.00 e os sábados pola mañá de 10.00 a 13.00. Ofértanse un total de 20 prazas, que se cubrirán por orde de inscrición. A matrícula pode formalizarse a través da plataforma Bubela da Área de Posgrao Virtual ata o día 9 de abril e é totalmente gratuíta.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?