Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Veciños do Courel demandan as actuacións precisas para recibir tódalas canles da TDT
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Veciños do Courel demandan as actuacións precisas para recibir tódalas canles da TDT

Fernando Sarasketa
Publicado: 09/04/2010
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

Seceda do Courel, achegado por Myriam PS no Flickr
Seceda do Courel, achegado por Myriam PS no Flickr
Á Televisión Dixital Terrestre na nosa terra aínda lle queda algún que outro camiño por percorrer, sobre todo no que se refire aos aspectos técnicos que se requiren para unha cobertura total, que non deixe fóra a ninguén. Segundo se conta dende a plataforma SOS Courel, a situación de accesibilidade total dos emprazamentos xeográficos de meirande poboación é ben diferente á que se vive en bisbarras afastadas como a devandita. Deste xeito, informa o colectivo, agás nas vilas de Folgoso e Seoane do Courel, “a maioría das veciñas e veciños da comarca non son quen de ver todas as canles da TDT”. Dáse a circunstancia, engádese, de que a oferta de contidos ligada á nova tecnoloxía chega de xeito desigual. Así, “hai aldeas nas que só se recibe o sinal das privadas e noutras só se ve a TVE 1”. Para SOS Courel, é preciso que se solucionen canto antes estes problemas, xa que parece coma “se tiveran repartido as canles entre todos os núcleos de poboación e cada un deles contara cunha oferta dispoñible diferente”.
O que se repite en tódolos casos por igual, sinala a plataforma, é que en ningunha das aldeas é posible recibir tódalas canles públicas. A xuízo de SOS Courel esta situación agrava con moito as carencias tecnolóxicas derivadas da desaparición da Internet sen fíos, un proxecto que implicara o investimento duns 200.000 euros e a habilitación de infraestruturas que, sinala a plataforma, “ficarán tiradas agora polos teitos e curutos da comarca”. A organización, co obxectivo de facer entender o problema, cita nun comunicado recente varios exemplos concretos de veciños da bisbarra afectados polo cesamento do servizo. É o caso de Jesús Alfonso Parada, veciño de Meiraos e autor de diversos libros (A delgada voz dos marxinados ou A cor das uces), quen en virtude destes cambios ficou sen servizo de Rede sen fíos e sen posibilidade algunha de manter comunicación a través do correo electrónico cos seus contactos e coa Universidade a Distancia (UNED) na que cursa estudos. Sen Internet ficou tamén o veciño de Ferreirós de Abaixo, Manuel Álvarez, propietario do bar O Pontón e pai dunha filla que precisa, coma calquera outro neno galego, dos servizos e recursos da Internet para completar a súa formación no Colexio de Seoane e no Conservatorio de Monforte.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?