Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A velocidade da Internet móbil, cuestionada por unha boa parte dos usuarios
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A velocidade da Internet móbil, cuestionada por unha boa parte dos usuarios

Fernando Sarasketa
Publicado: 09/04/2010
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

mobil_internet-2.jpgSemella que a Internet móbil aínda non achega o mesmo nivel de satisfacción cá que subministran os computadores fixos. Sexa porque a situación é distinta perante a un dispositivo que carretamos connosco (a vida na rúa require outro ritmo, e as pausas que dedicamos a baixar información pola rede están máis condicionadas aos amigos que van aparecendo no camiño ou a un semáforo en verde que nos obriga a botar a correr), sexa por outro motivo, o caso é que segundo a enquisa feita pola firma Gomez e reflectida polo blog da CMT, máis da metade dos consumidores dos devanditos servizos (o 58%) xa demanda polo menos a mesma velocidade de acceso móbil cá que se obtén a través dos equipos tradicionais.
Para facérmonos unha idea do que isto significa, dicir que unha taxa semellante sufriu problemas para acceder a algunha páxina dende o seu móbil, circunstancia que deixa ao 40% destes usuarios ás portas dunha nova empresa na que petar.
En termos concretos, a metade dos usuarios non lle concede a unha páxina web máis de 10 segundos para que se cargue. A partir de aí, cumpriría dedicarse a outra cousa, afirman. Nesta liña informativa de dar conta da diferenza de esixencias entre un servizo e outro, tamén se sitúa unha enquisa feita por Nokia Siemens na que se especifica que o 22% das persoas que empregan os devanditos terminais están menos satisfeitos coa súa conexión de banda larga móbil que coa fixa. Entre o feixe de cousas que máis carraxe provoca entre os usuarios sitúase a imposibilidade de ver vídeos en streaming, a velocidade de subida, a velocidade de descarga e máis a estabilidade da conexión a Internet.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?