Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O certame Ciencia en Acción reunirá en Santiago a centos de investigadores de España e Portugal
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O certame Ciencia en Acción reunirá en Santiago a centos de investigadores de España e Portugal

Fernando Sarasketa
Publicado: 09/04/2010
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

ciencia-3.jpgO IES Rosalía de Castro de Santiago de Compostela vaise converter no primeiro centro de ensinanza que dea acubillo ao certame Ciencia en Acción, un evento que, como o seu nome indica, vai encamiñado a xerar máis escenarios e máis pulo divulgativo ao servizo da investigación. O certame, que se celebrou previamente en museos, centros de I+D ou parques científicos, ten xa unha década de experiencia como espazo de encontro para investigadores de España e Portugal. Segundo fixeron saber os responsables do evento esta semana con motivo da presentación desta convocatoria, que se elixira Santiago para dar acubillo á xuntanza non é un feito casual, sobre todo tendo en conta a celebración do Ano Xacobeo e as posibilidades de mobilización social e cultural que este achega. Ciencia en Acción, que se desenvolverá entre o 1 e o 3 de outubro, conta a nivel galego co apoio da Dirección Xeral de I+D e máis a Tecnópole, que é o axente patrocinador e que conta xa con ampla experiencia neste tipo de convocatorias a prol do coñecemento, sendo Galiciencia (feira de I+D para a nosa mocidade) un caso ben salientable.
A idea básica de Ciencia en Acción é reunir a centos de estudantes, profesores e investigadores procedentes de toda España e Portugal, procurándose o clima divulgador máis axeitado para achegarlle á sociedade as vantaxes e logros do actual coñecemento investigador.
“O seu principal eixe”, sinalan os responsables, “é o concurso de proxectos, que serán amosados baixo a fórmula dunha feira científica e tecnolóxica e que servirá de apoio a relatorios e outras actividades de demostración e de lecer, entre as que se incorporarán mesmo obras de teatro científico”. Este concurso internacional inclúe 14 modalidades e un galardón de 1.500 euros para quen se impoña en cada unha das categorías. O prazo para participar ficará aberto ata o 15 de maio, e ao certame poderanse presentar mestres de tódolos tipos de ensinanza, divulgadores científicos ou calquera persoa interesada na formación e a divulgación da ciencia. O único requirimento é que os proxectos que se presenten poñan en xogo ideas innovadores ao servizo da comunicación investigadora.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?