Correo lixo hai de moito tipo (na televisión, a meirande parte), pero nos servizos de comunicación electrónica atopa probablemente unha das súas máximas (e abafantes) expresións. A realidade é a seguinte: trátase dun fluxo informativo que non cesa e que cada día amosa meirande especialización e maior seguimento sobre as cuestións sociais actuais que máis preocupan: paro, saúde, corrupción política, andazos. Malia todo, a cousa vai e vén e semella que o mes de marzo foi un mes relativamente tranquilo. Así nolo contan no último informe de Symantec, no que se sinala que as mensaxes de estafa e phishing representaron o 17% de todo o correo lixo, dous puntos por debaixo da cifra do mes anterior, sendo salientable tamén o feito que non se tirase proveito de ningunha desgraza internacional como a dos terremotos de Haití e Chile, debido sobre todo a que non se rexistraron traxedias naturais para sacarlle partido.
Pola contra, os spammers si que seguiron adiante seguindo a folla de ruta dos acontecementos do calendario, como por exemplo as vacacións de Semana Santa (a temática dunha boa parte do correo lixo do mes). Polo que atinxe ao tamaño, dicir que se rexistrou un medre salientable de entre 5 kb e 10 kb (ata máis de 10 puntos porcentuais), que se corresponden co incremento do spam con arquivos adxuntos. En termos xerais, o correo lixo representou case o 89,34% de todas as mensaxes de marzo, en comparación co 89,99% rexistrado en febreiro.
Baixa un chisco a incidencia do correo lixo no mes de abril
Compartir Este Artigo
