Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Máis de media centena de departamentos da USC participarán nun proxecto piloto de votación electrónica
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Máis de media centena de departamentos da USC participarán nun proxecto piloto de votación electrónica

Fernando Sarasketa
Publicado: 16/04/2010
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

usc_voto_electronico.jpgA Universidade de Santiago vai experimentar nas vindeiras Eleccións 2010 con novas canles e ferramentas que faciliten a participación nos comicios e mesmo aseguren a máxima fiabilidade do proceso. A iniciativa, chamada Plan Piloto de Votación Electrónica, foi dada a coñecer esta mesma semana pola secretaria xeral da USC, Isabel García-Rodeja, nun acto perante os medios no que tamén fixo acto de presenza o subdirector xeral de Desenvolvemento da Sociedade da Información, Cristóbal Varela. A iniciativa centrarase nun total de 55 departamentos da Universidade, onde se dará acubillo á emisión de sufraxios mediante dispositivo telemático e empregando identificación electrónica. O sistema “permitirá a emisión de votos a través das redes de datos de forma totalmente segura”, sinalaron os responsables da iniciativa.
A iniciativa cubrirá igualmente os pasos previos á votación mesma: antes de votar, o usuario terá que autenticarse mediante un sistema de usuario e contrasinal ou PIN que lle proporcionará a Universidade. Nalgúns casos, sinala a USC, tamén poderán empregarse certificados de sinatura avanzada. Logo accederase á plataforma de voto electrónico que presentará as distintas opcións de elección.
“Con anterioridade a saír da aplicación de votación, aparecerá na pantalla un recibo de voto que se poderá imprimir permitindo comprobar que o voto sexa contabilizado cando se publiquen os resultados”, engade a USC. Por certo que en ningún caso será posible rastrexar o emitido a través deste xustificante.
Polo que respecta á seguridade do proceso, sinalar que estará garantida por operacións de cifrado de punta a punta, dende o computador onde se exerce o voto ata a mesa electoral. “Para garantir a privacidade”, explica a USC, “sepáranse os datos confidenciais ao romper a correlación entre a identidade do votante e o voto descifrado, levándose a cabo nun servidor illado e fisicamente seguro”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?