Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: EGANET sitúase a prol do libre uso da Rede no debate sobre a súa neutralidade
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

EGANET sitúase a prol do libre uso da Rede no debate sobre a súa neutralidade

Fernando Sarasketa
Publicado: 16/04/2010
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

Víctor López, presidente de EGANET
Víctor López, presidente de EGANET
A Asociación de Empresas Galegas adicadas a Internet (EGANET), presidida dende hai pouco polo noso compañeiro Víctor López, vén de dar a coñecer a súa postura perante a intención da Comisión Europea de abrirlle as portas á posibilidade de regular o cobro polo uso da Rede, por parte das operadoras de telecomunicacións, aos provedores de contidos. Este obxectivo da Comisión, perante o cal EGANET defende a liberdade de emprego da Rede, materializouse estes días a través de declaracións directas da comisaria de Telecomunicacións, Neelie Kroes, e logo mediante a repercusión nos medios que tivo a postura, repercusión que en parte simplificouse coa seguinte cuestión: cobrarlle ou non cobrarlle a Google por usar as redes.
A xuízo das empresas de EGANET, o debate transcende en moito o feito de que os grandes provedores teñan que pagar cotas. E prosegue: “A chegada de internet trouxo consigo o desenvolvemento dunha nova economía baseada no avance imparable das ferramentas de comunicación e no acceso á información; avance que non cesa, porque os recentes éxitos empresariais están ligados ás novas tecnoloxías e á inventiva de novos modelos de negocio baseados na internet”.
Polo tanto, e tendo en conta que o sector TIC simboliza unha alternativa á crise (grazas ao seu valor engadido e á creación de emprego de calidade), todo o que se faga a prol de quitarlle neutralidade ao escenario de actividade, a Rede, podería frear o talento, a capacidade innovadora dos profesionais, a democratización do coñecemento e, polo tanto, as posibilidades de superar o parón produtivo.
A xuízo de EGANET, “que se dean casos de éxito que superen en beneficio ao dos provedores de rede non debe ser causa da imposicións de peaxes, baixo xustificacións de tráfico excesivo ou como aliciente á mellora da rede, porque acceder a ela non é de balde, como tampouco o é a calidade do acceso nin a capacidade de conexión ou aloxamento dos sitios web”. E prosegue: “Aínda ben ao contrario, a crecente contratación de servizos de telecomunicacións e a conseguinte multiplicación do negocio das operadoras explícase na conformación dunha rede atractiva en contidos para os usuarios; é dicir, o acceso á rede non lle interesaría ás persoas de non haber contidos aos que acceder. Non cabería, pois, formularse o cobro, pero á inversa? Dos provedores de contidos aos provedores de rede?”
EGANET lembra que a Rede é unha gran oportunidade de medre económico, e que no caso de esixírselle unha peaxe á achega de contidos podería verse afectado en boa medida este potencial. En opinión do colectivo empresarial galego, “formular restricións ao uso da rede no contexto europeo, ademais, suporía unha mingua das capacidades competitivas de Europa fronte a outros actores económicos potentes, chámense Estados Unidos, Asia, Brasil, Rusia… O vello continente débese dedicar ao valor engadido e para isto un escenario comunicativo sen restricións é fundamental”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?