Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Galiciadixital celebra en Redondela o 25 aniversario da CRTVG
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Galiciadixital celebra en Redondela o 25 aniversario da CRTVG

Redacción
Publicado: 16/04/2010
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

galiciadixital_redondela_02.jpgO secretario xeral de Medios, Alfonso Cabaleiro Durán, inaugurou hoxe venres no Edificio Multiusos de Chapela, no concello pontevedrés de Redondela, a exposición itinerante Galiciadixital, que incluirá os contidos habituais e outros relacionados co 25º aniversario da Compañía de Radio Televisión de Galicia (CRTVG). A mostra permanecerá no recinto ata o vindeiro mércores, 21 de abril, e poderá visitarse gratuitamente de 9:00 a 14:00 e de 18:00 a 21:00 os días laborables e de 10:00 a 14:00 e de 17:00 a 21:00 a fin de semana.
No evento, o secretario xeral de Medios expresou a súa satisfacción por levar esta mostra a Redondela e lembrou que todos os contidos que se exhiben na exposición están feitos por empresas e universidades galegas. Pola súa banda, a delegada territorial da Xunta de Galicia en Vigo, Lucía Molares Pérez, tamén presente no acto, lembrou que hai pouco esta mostra estivo en Soutomaior e que en breve recalará na delegación da Xunta en Vigo.
O concelleiro redondelán Eduardo Regueira, que acudiu ante unha indisposición do rexedor, Xaime Máximo Rei Barreiro, agradeceu á Secretaría Xeral de Medios o ter pensado en Redondela para acoller esta emblemática exposición, ao tempo que convidou a todos os redondeláns a achegarse ata ela.
galiciadixital_redondela_01.jpgAparte dos contidos habituais, coma o futurista aerodeslizador, o canciño Axóuxere ou o tiraboleiro virtual, a mostra acollerá, durante a súa estadía en Redondela, unha serie de contidos encamiñados a celebrar os 25 anos de vida da CRTVG, como un vídeo conmemorativo que recolle diferentes momentos que marcaron o pasado e o presente da compañía, unha zona expositiva de obxectos relacionados coa radio e a televisión e unha serie de paneis ilustrativos da historia do ente autonómico. Tamén, grazas ao plató Chroma Key, os que o desexen poderán converterse en presentadores de informativos, situándose nun espazo desde o que se verán reflectidos nunha pantalla TFT de gran formato, inmersos nun decorado ad hoc.
Durante o acto, o director de comunicación da CRTVG, Fernando Ojea, manifestou o orgullo da entidade por celebrar os seus primeiros 25 anos e amosouse «enormemente satisfeito de facelo no escaparate privilexiado da exposición Galiciadixital da Secretaría Xeral de Medios», o que permite «combinar unha mirada emocionante cara á historia da compañía ao tempo que botamos unha ollada cara o futuro».

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?