Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Telefónica xestionará as infraestruturas e servizos TIC de Ferrovial en todo o mundo
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Telefónica xestionará as infraestruturas e servizos TIC de Ferrovial en todo o mundo

Raquel Noya
Publicado: 19/04/2010
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

FER_Stand_Grupo_Ferrovial_1.jpgO grupo de infraestrutura internacional, Ferrovial, que conta no seu haber con dous dos mellores activos privados do transporte do mundo, vén de seleccionar a Telefónica como suministradora global para as redes de telecomunicacións e servizos de Tecnoloxías da Información (TI) de todos os seus negocios en todo o mundo.
O acordo, que inclúe a xestión das redes de voz, de datos e de móbiles, conleva os servizos de xestión e mantemento de toda a rede de infraestruturas de transporte da compañía, así como a renovación tecnolóxica de todas as súas redes.
Entre os obxectivos principais deste acordo estratéxico atópanse asemade, o despegue de tecnoloxías de Rede de última xeración, así como a xestión centralizada das súas comunicacións e servizos de TI.
Con todas as compañías de telecomunicacións que hai no mundo, semella que os servizos da española Telefónica foron os que mellor se axeitaron ás características requeridas por Ferrovial, é dicir, altas capacidades de expansión e grande flexibilidade para o desenvolvemento dunha ampla variedade de servizos de vindeira xeración de TI.
Neste senso, o acordo contempla a xestión integral do posto de traballo de todos os empregados de Ferrovial, a súa plataforma de impresión (máis de 1.000 impresoras e 700 servidores), a xestión da rede de área local (máis de 30.000 portos), a xestión dos accesos wifi (máis de 500 puntos WLAN), o seu correo electrónico e as solucións de seguridade integral para a navegación e acceso remoto seguro ás aplicacións corporativas.
O acordo tamén inclúe a xestión de 10.000 usuarios de telefonía IP, 30.000 terminais móbiles e 5.000 unidades móbiles pertencentes á flota de transporte e loxística de Ferrovial, así como a xestión de dispositivos de control en explotacións remotas.
Por último, un dos elementos diferenciadores deste acordo radica en que toda a xestión será realizada dende un Centro de Xestión de Servizos Global situado en Madrid. Este novo modelo de xestión centralizada permitirá asegurar a entrega e xestión dos servizos tanto de comunicacións coma de Tecnoloxías da Información.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?