Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Lugo acollerá un laboratorio a prol da terceira idade e a súa inclusión dixital
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Lugo acollerá un laboratorio a prol da terceira idade e a súa inclusión dixital

Fernando Sarasketa
Publicado: 20/04/2010
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

Fundacion_TIC_en_Lugo.jpgCoincidindo co desenvolvemento do traballo da UPF do que falamos onte nesta web, dirixido a certificar a terceira idade non lle ten medo ás redes (sempre que haxa ferramentas doadas e útiles), a Deputación de Lugo preparou as bases para a posta en marcha dun centro de I+D que favoreza (entre outras cousas) o achegamento ás novas canles destes e outros colectivos en risco de exclusión social. Así o fixo saber hai uns cantos días o órgano provincial, que segundo conta La Voz contará para esta tarefa en concreto coa axuda orzamentaria do Plan Avanza e da Fundación TIC (na imaxe), emprazamento próximo ao Hospital Provincial que dará acubillo á iniciativa. Co nome de Centro de Innovación Social, o espazo investigador comezará a súa andaina o vindeiro ano, sendo probablemente o primeiro que opera na nosa terra das súas características: seguindo o modelo dos chamados living-labs, escenarios activos de I+D na liña do Citilab Cornellá, precisamente un dos principais puntos de referencia do proxecto.
O centro de Lugo acollerá a medio centenar de investigadores e arredor de cen persoas con risco de exclusión social. Un dos principais puntos de partida do seu labor será o aproveitamento da infraestrutura e da experiencia da Fundación TIC no vieiro de favorecer a plena participación cidadá das/os beneficiarias/os a través das redes. Para a Deputación, non se vai tratar dun centro social máis, senón “dun laboratorio de I+D que dende o punto de vista das persoas axudará a evitar que as novas tecnoloxías creen unha nova fenda social entre quen as emprega e quen non”. Os responsables directos do proxecto prevén importantes logros a través desta iniciativa, inmateriais e materiais (como por exemplo deseño de programas de aplicacións informáticas ligadas ás persoas con máis risco de ficar atrás na Sociedade do Coñecemento).

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?