Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O BNG presenta medidas para impedir a venda total do operador galego R
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O BNG presenta medidas para impedir a venda total do operador galego R

Fernando Sarasketa
Publicado: 22/04/2010
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

bng_venda-r.jpgMalia que na propia empresa a nova foi acollida con satisfacción, semella que a maior parte da sociedade galega viu un sinal preocupante na pasada venda do 35% do capital da operadora R a unha multinacional inglesa. As razóns desta inquietude son moitas, e pasan unha boa parte delas polo medo á perda de postos de traballo e á desgaleguización dunha empresa que no eido produtivo do país ten unha importante cantidade simbólica. Co fin de que o traspaso definitivo dos activos da firma R a mans da dita multinacional CVC non se formalice (posto que unha parte da operadora aínda segue a ser galega), o Bloque Nacionalista Galego vén de presentar unha iniciativa no Parlamento para que o Goberno impulse a Lei de Caixas e, polo tanto, unha serie de regulamentos axeitados que impidan que Caixanova (propietaria desa porcentaxe de R que aínda é galega) se desfaga do que lle resta de accións da empresa.
Segundo se conta estes días na páxina web do BNG, o partido nacionalista considera que é preciso evitar que as caixas galegas leven a termo accións que acheguen transmisións de activos estratéxicos para o país. A iniciativa presentada polo Bloque (unha proposición non de Lei), insta ao Goberno a “defender e, no seu caso en exercicio das súas competencias, actuar para evitar que o proceso de reestruturación das caixas de aforro galegas leve aparellada unha redución dos seus activos e, polo tanto, da súa participación no tecido empresarial galego, especialmente nos sectores relevantes da economía galega” Ademais, a proposta abre a posibilidade proceder “a aprobar as normas de desenvolvemento regulamentario da Lei de Caixas de Galiza no que atinxe á acción relativa á tutela e protectorado da función económico-social e a súa contribución ao desenvolvemento económico do País”.
A proposición non de Lei sitúase tamén a prol de “exercer a tutela e supervisión daquelas operacións levadas a termo polas caixas de aforro galegas que impliquen a transmisión dos activos que posúen en empresas galegas en sectores estratéxicos para Galiza, consonte o espírito da Lei de Caixas de Galiza”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?