Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Telefónica ofertará cursos de galego en liña para os seus empregados de todo o mundo
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Telefónica ofertará cursos de galego en liña para os seus empregados de todo o mundo

Raquel Noya
Publicado: 23/04/2010
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

curso_online_galego.jpgO número de persoas que falan sempre en galego (agás contadas excepcións), segundo datos achegados polo Instituto Galego de Estatística (IGE), “descendeu dun 43 por cento en 2003 a menos dun 30 por cento na actualidade”, unha baixada que, malia que ten a súa explicación na demografía do país (a maior proporción de galegofalantes dáse entre a xente de máis de 65 anos), é un dato que non deixa de aflixirnos e que, se cadra, aínda fai máis triste este día xa de por si melancólico. Porén, como para grandes males semella que só valen os grandes remedios, o director territorial de Telefónica en Galicia e Asturias, Ignacio Aller, e mailo secretario xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo, veñen de reunirse para traballar xuntos desenvolvendo novas accións que contribúan a promover o uso da lingua galega nos servizos que ofrece a compañía de telecomunicacións nacional, que non son poucos se a comparamos con outras empresas instaladas no noso país.
Así o manifestaron publicamente esta mesma mañá en Santiago de Compostela, onde tiña lugar a presentación do proxecto Glosa, unha plataforma de formación en liña desenvolvida pola compañía, a través da que todos os seus empregados (máis de 200.000 persoas en 23 países) “terán a posibilidade de aprender galego, entre outras moitas accións de promoción do idioma”.
Segundo manifestou Ignacio Alleo, “Glosa é un exemplo máis do compromiso de Telefónica con Galicia e co seu idioma”, e comprometeuse a seguir traballando coa Consellería de Educación e Ordenación Universitaria a través de Política Lingüística na identificación de posibles accións de promoción do uso do galego.
Anxo Lorenzo, pola súa parte, incidiu na importancia de colaborar coas empresas operadoras para que lle ofrezan os seus servizos á cidadanía en galego, así como na “necesidade de conectar a lingua galega aos avances que se producen nas novas tecnoloxías, por tratarse dunha estratexia clave para garantir o futuro do idioma e a vixencia da utilidade da nosa lingua”.
Durante a súa intervención, o secretario xeral tamén fixo fincapé na importancia de impulsar a oferta formativa para mellorar a competencia en lingua galega da sociedade, un pequeno paso que, de terse feito antes e por parte de máis entidades, o galego non estaría no estado de decadencia no que se atopa na actualidade.

O proxecto Glosa
Os cursos do proxecto Glosa arrancan desde o nivel A1 ata o A2 do Marco común europeo de referencia para as linguas, e inclúen leccións organizadas por seccións e multitude de actividades e contidos (audios, vídeos, exercicios…) que rematan cunha unidade final de revisión e consolidación.
O director territorial de Telefónica apuntou que a compañía xa dispón de distintos servizos en galego, como facturas e atención ao cliente, e lembrou que foi “a primeira en negociar cos grandes fabricantes para que os galegos que o quixesen puidesen depoñer de terminais con menús no seu idioma”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?