Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Caixa Galicia cede un proxecto de I+D+i á CECA para implantar en 39 caixas españolas
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Caixa Galicia cede un proxecto de I+D+i á CECA para implantar en 39 caixas españolas

Redacción
Publicado: 22/04/2010
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

caixa-galicia_ceca_xuntanza.jpgCaixa Galicia, consciente da importancia que ten para todo o sector das Caixas de Aforros españolas o proceso de renovación e innovación tecnolóxica, cedeu a súa arquitectura informática, denominada Metrópolis, á Confederación Española de Caixas de Aforro (CECA) para a súa implantación na maioría das caixas españolas. A innovación de Caixa Galicia será empregada no proxecto COAS:SOA que está a desenvolver o Comité de Organización e Automatización de Sistemas (COAS) da CECA.
A implantación dunha tecnolóxica común para todas as caixas de aforro permitirá compartir desenvolvementos de aplicacións grazas a dispoñer dunha mesma plataforma común. O desenvolvemento de Metrópolis e a experiencia da caixa galega no seu desenvolvemento e implantación foi un dos temas que abordados na reunión de hoxe en Santiago de Compostela, na que participan directores xerais e directores informáticos das principais caixas de aforro españolas.
Caixa Galicia puxo en marcha en 2007 o modelo de arquitectura tecnolóxica Metrópolis co obxectivo de obter maior niveis de eficiencia, flexibilidade e satisfacción do cliente. Con este proxecto a caixa galega conseguiu importantes avances en redución de custos e un maior aliñamento entre negocio e tecnoloxía.
«No actual contexto económico e de reestruturación do sistema financeiro, a capacidade tecnolóxica dunha entidade e a coherencia entre a súa estratexia tecnolóxica e de negocio convértense en eixes básicos», asegura José Manuel Valiño Blanco, director de Sistemas de Caixa Galicia.
O investimento en tecnoloxía é un dos eixes estratéxicos da caixa galega que en 2009 investiu 54,1 millóns de euros en tecnoloxía propia (equipos, instalacións, redes, proxectos informáticos, etc.), un 91% máis que a media do sector das caixas de aforro que se sitúa nos 23 millóns de euros.

O importante esforzo investidor en tecnoloxía permite que o 63% de todas as operacións realizadas por Caixa Galicia o sexan por medio de canles tecnolóxicas (Internet, banca telefónica, caixeiros, etc), fronte a un 37%, que se seguen realizando nas oficinas.
Caixa Galicia conta tamén cos custos de transacción máis baixos de todo o mercado financeiro, cunha cifra de 33 céntimos de euro en 2009, un 43% por debaixo do custo medio do sector español.
A potente base tecnolóxica de Caixa Galicia permite aproveitar ao máximo os recursos e ten a súa translación nos ratios de eficiencia da entidade, un 49%, e nos niveis de calidade de servizo que presta o que lle permitiu dar soporte informático a empresas líderes en Galicia como Inditex, Bricoking ou Tecnocom, entre outras. Os sistemas de Caixa Galicia soportan, ademais, as máis de 500.000 tarxetas de transporte en cidades e áreas metropolitanas de Galicia.

Infraestrutura tecnolóxica galega

Caixa Galicia mantén unha infraestrutura tecnolóxica de primeiro nivel en Galicia, cun Centro de Procesos de Datos na Coruña que conta con case o 100% do persoal técnico procedente das universidades galegas.
Dende A Coruña, Caixa Galicia controla toda a operativa das súas máis de 800 oficinas en todo o mundo. A división de Sistemas da caixa galega achega case 400 persoas especializadas en tecnoloxía e innovación ao mercado laboral galego, entre persoal propio e externo, se dedica a que desenvolver e mellorar os procesos tecnolóxicos o que permite que o coñecemento das tecnoloxías informáticas de alto nivel quede en Galicia.
«As dúas características que definen a nosa tecnoloxía financeira e que reverten no beneficio da nosa comunidade son ter optado por manter o servizo informático dentro da entidade e por escoller e formar estudantes das universidades galegas para facer funcionar todo o sistema», afirma José Manuel Valiño.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?