Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Industria destina outro millón de euros para proxectos TIC relacionados co Xacobeo 2010
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Industria destina outro millón de euros para proxectos TIC relacionados co Xacobeo 2010

Raquel Noya
Publicado: 26/04/2010
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

Camino_de_santiago-2.jpgA estas alturas do ano, seguro que son poucas as persoas que non saben que se está a celebrar o Ano Santo 2010 no noso país, e que esa chegada masiva de peregrinos á nosa capital é debida á decisión de moitos turistas a cruzar a porta santa antes de que volva a pechar por uns once anos máis. O que non se sabe tan ben é que a Xunta de Galicia, a través da Consellaría de Economía e Industria, está a subvencionar a creación de proxectos empresariais innovadores relacionados coas TIC que axuden a promocionar o Camiño e que, de paso, entre outras cousas, colaboren na dixitalización das ferramentas empregadas para guiar aos visitantes no seu periplo ata Compostela.
Así é que o Diario Oficial de Galicia (DOG) de hoxe, publica nas súas páxinas a convocatoria de subvencións para proxectos empresariais de innovación da Consellaría de Economía e Industria, que vai destinada a financiar accións innovadoras no ámbito das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) relacionadas co Xacobeo 2010.
Esta convocatoria, que conta cunha dotación dun millón de euros, complementa a concesión de axudas para o mesmo concepto que foi adxudicada en decembro de 2009 por valor doutro millón de euros, pola que tamén se financiaban proxectos innovadores para o Camiño de Santiago baseados nas novas tecnoloxías.
Esta iniciativa, ademais de servirlle ao Goberno galego para promocionar o Xacobeo 2010, tamén xurde como unha oportunidade única de desenvolvemento empresarial para Galicia, incidindo na innovación como factor de competitividade e polas novas liñas de negocio que o Ano Santo pode abrir para sectores estratéxicos na comunidade, como é o caso do turístico.
Segundo informan dende a Consellaría de Economía, na convocatoria contémplanse como proxectos subvencionables “aqueles que supoñan unha aplicación innovadora das TIC á prestación de servizos de valor engadido para os turistas, peregrinos e público en xeral interesado no Xacobeo 2010, considerando especialmente as infraestruturas precisas para aplicacións baseadas en dispositivos móbiles, localización ou xeoreferenciación, redes sociais e web 2.0”.
Tamén se inclúen na orde “aquelas iniciativas destinadas á creación tecnoloxicamente innovadora de contidos e aplicacións informáticas relacionadas coa promoción do Xacobeo 2010 e a valorización do seu patrimonio artístico, histórico e cultural. Dentro das aplicacións informáticas consideraranse de especial interese os desenvolvementos propios”.
Asemade, poderán acollerse a este programa as iniciativas relacionadas coas infraestruturas tecnolóxicas e ferramentas destinadas á creación, difusión ou mellora de servizos audiovisuais de interese para a promoción ou soporte das actividades do Xacobeo 2010.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?