Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Tecnópole acolle este martes un encontro sobre redes e enerxía entre empresarios galegos e portugueses
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Tecnópole acolle este martes un encontro sobre redes e enerxía entre empresarios galegos e portugueses

Fernando Sarasketa
Publicado: 26/04/2010
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

tecnopole_cei.jpgO Parque Tecnolóxico de Galicia (San Cibrao das Viñas, Ourense), vai acoller este martes 27 de abril un encontro empresarial galego-portugués sobre diversos xeitos de colaborar nun obxectivo común: a superación da crise produtiva actual mediante o uso e posta en marcha das máis variadas expresións e ferramentas do coñecemento e da comunicación. A xuntanza, que comezará ás 10.30 no salón de actos do Edificio CEI da Tecnópole (na imaxe), dará acubillo a medio cento de representantes de 28 firmas, centros tecnolóxicos e asociacións empresariais de ámbolos dous países irmáns. Segundo informan dende o Parque, será unha xornada de traballo de exposicións, mesas sectoriais e reunións empresariais organizadas en función dos intereses amosados polos participantes. Haberá tres eidos de actividade: novas tecnoloxías da información, biotecnoloxía e enerxías renovables.
A sesión de apertura, programada para as 10.30 horas, correrá a cargo do director xeral de I+D da Xunta, Ricardo Capilla.
A continuación, damos conta do programa en detalle.
10.00 h Recepción e acreditación dos/das participantes.
10.30 h Presentación do Parque Tecnolóxico de Galicia e da política de innovación da Xunta de Galicia. Ricardo Capilla, director xeral de I+D+i e vicepresidente e conselleiro delegado da Tecnópole.
11.00 h Conferencia inaugural: Oportunidades de financiamento de proxectos
empresariais. Norberto Penedo Rey, subdirector de Xestión de Proxectos do Instituto
Galego de Promoción Económica (IGAPE).
11.30 h Pausa Café.
12.00 h Comunicacións:
Sala 1- Mesa redonda: Debilidades, Ameazas, Fortalezas e Oportunidades (DAFO) da Eurorrexión. Proxectos conxuntos no sector das TIC´s.
Modera: Beatriz Monfort Liniers. Técnico de proxectos de Tecnópole.
Sala 2- Mesa redonda: Debilidades, Ameazas, Fortalezas e Oportunidades (DAFO) da Eurorrexión. Proxectos conxuntos no sector das Enerxías Renovables.
Modera: Beatriz González-Tejada Jácome. Técnico de proxectos de Tecnópole.
Sala 3- Mesa redonda: Debilidades, Ameazas, Fortalezas e Oportunidades (DAFO) da Eurorrexión. Proxectos conxuntos no sector da Biotecnoloxía.
Modera: Nuria Bueno Aizpuru. Técnico de proxectos de Tecnópole.
14.00h Xantar
16.00 h-18.00 h Reunións de traballo entre as empresas.
18.00 h-19.00 h Conferencia Cámara Hispano-Portuguesa de Comercio e Industria
(CHP): Biotecnoloxía Ibérica : un desafío para as empresas’.
· Aureliano Neves, presidente da CHP, presentará a Cámara e os servizos que presta os seus asociados.
· Antonio Viñal, de Antonio Viñal&Co Abogados, delegado para Galicia da CHP, desenvolverá a conferencia anteriormente citada.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?