Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: 5 empresas virtuais competirán na final do play 2010 o vindeiro 8 de maio
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

5 empresas virtuais competirán na final do play 2010 o vindeiro 8 de maio

Raquel Noya
Publicado: 26/04/2010
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

play_concurso.jpgLogo de cinco intensos meses de competición, aplicando á práctica os coñecementos adquiridos nas súas clases de empresariais e levando a cabo a súa propia empresa virtual a través dun simulador, os alumnos dos grupos Leche Kaprisa (IES Universidade Laboral de Ourense), Lácteos Amencer (IES Cidade de Antioquía de Xinzo de Limia), Somalón (IES Río Cabe de Monforte de Lemos), Equipo A (IES Monte dá Vila do Grove) e Nira Milk SL (IES Eduardo Pondal de Santiago de Compostela), van ser os que participen na fase final do programa de simulación play! 2010 Desafío para novos emprendedores, posto en marcha pola Escola de Negocios Caixanova e o Instituto de Desenvolvemento Caixanova.
O programa de simulación da entidade galega vén de pechar esta fin de semana as catro semifinais provinciais, e os devanditos equipos serán os que participen na fase final do mesmo nos vindeiros días.
Tratábase da cuarta cita do xogo de simulación Play que reuniu a preto de 2.000 alumnos de 78 centros de Bacharelato de toda Galicia, ofrecéndolles a posibilidade de poñer en marcha unha empresa de lacteos virtual, que habería que xestionar durante un ano, tomando decisións sobre aspectos tan relevantes como as necesidades de producción, as propostas de marketing ou as estratexias para a venda, entre outras variables relacionadas coa xestión empresarial.
Grazas ao emprego dun software especificamente deseñado para esta iniciativa, as empresas compiten entre sí nun mercado similar ao real, no que as decisións que toman os outros equipos teñen repercusións nas estratexias que deseñan para converterse na “compañía líder do sector”.
Agora, estes cinco equipos participarán na fase final do Concurso que se celebrará o vindeiro día 8 de maio no Centro Social Caixanova de Vigo, onde optarán a facerse, entre outros premios, con algunha das becas de estudos por valor de 6.000 euros na Escola de Negocios Caixanova, así como cun elevado número de recompensas tecnolóxicas que inclúen ordenadores macbook, televisións, discos duros, móbiles, netbooks ou consolas portátiles.

Deloitte business game
Precisamente da Escola de Negocios Caixanova, son catro alumnos que participaron por segundo ano consecutivo na final da Deloitte Business Game, celebrada a pasada fin de semana en Madrid, onde logo de tres días de probas de simulación, lograron unha meritoria segunda praza no apartado de análise financieira e transaccións.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?