Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A galega Emetel consolídase como unha das empresas líder do sector TIC galego
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A galega Emetel consolídase como unha das empresas líder do sector TIC galego

Raquel Noya
Publicado: 27/04/2010
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

emetel_sistemas.jpgEmetel Sistemas, unha empresa galega especializada en solucións de comunicación e sistemas de redes, vén de facer públicos os seus resultados económicos do pasado ano e o certo é que, segundo afirman, “consolidan a súa posición como unha das empresas líder do sector TIC en Galicia”.
Tanto polas cifras de beneficios, como pola súa aposta pola especialización, a eficiencia e a innovación en cada un dos seus proxectos, Emetel vén de converterse nun “socio tecnolóxico” que lles permite aos seus clientes reducir custes e centrarse unicamente no seu negocio, sen ter que preocuparse pola área tecnolóxica da que se encarga Emetel.
Cunhas cifras de negocio que se achegan aos 3.000.000 euros, o crecemento de Emetel en relación ao exercicio 2008 ascende a un 7 por cento e acada unha rendabilidade do 12 por cento, un 4 por cento máis que o ano anterior.
Asemade, no tocante a un dos aspectos que máis nos interesa dende o punto de vista social, Emetel aumentou a súa plantilla nun 12,5 por cento, ata un total de 36 empregados, investindo un total de 87.583, 34 euros nun plan de formación dirixido a tódalas áreas da compañía.
Entre os proxectos cos que esta entidade galega colaborou ao longo do pasado exercicio destacan os de empresas e entidades públicas como Vegalsa, Finsa, o Porto de Ferrol, Navantia ou o Concello de Lugo, que contaron con Emetel para o desenvolvemento de proxectos tecnolóxicos moi diversos.
Tamén destaca a colaboración con AENA ou Lantero, así como con Turgalicia, con quen abordou un proxecto integral que incluía, entre outras cousas, a renovación completa da súa rede, orientada a unha maior eficiencia e á mellora en termos de capacidade, flexibilidade, acceso e seguridade tanto en accesos á Rede fixa como á inarámica.
En resumidas contas, Emetel leva quince anos no mercado desenvolvendo proxectos cun alto grao de especialización, que a posicionaron como “referente á hora de acometer a posta en marcha de calquera proxecto de envergadura”.
Segundo palabras de Manuel Lago, xerente de Emetel Sistemas, “traballamos coa finalidade de que as nosas solucións supoñan unha mellora na produtividade e na competitividade dos nosos socios e clientes, ao tempo que supoña un aforro de custes inducido pola innovación e tecnoloxías avanzadas que aportamos específicamente en cada caso”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?