Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Catedral de Santiago estréase nun sistema de prendido de velas a través de SMS
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Catedral de Santiago estréase nun sistema de prendido de velas a través de SMS

Fernando Sarasketa
Publicado: 27/04/2010
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

mivela.com.jpgSegue a ser información rechamante, para que nos imos enganar, aquela que xunte nun mesmo parágrafo o relixioso coas novas tecnoloxías do coñecemento. Se cadra porque nos segue a chamar a atención que dúas cousas tan teoricamente afastadas no tempo sexan quen de xuntarse e mesmo de ir alén do minoritario. Segundo se nos conta estes días en El Correo, os responsables da Catedral de Santiago seguen a aplicar na súa comunicación cos fieis o que nun plano empresarial comunmente se coñece como I+D. Nesta liña é onde se insire o servizo presentado no dito templo compostelán dirixido a permitirlles aos devotos prender as súas velas a través da Rede (ao acubillo da páxina web Mivela.com) ou ben mediante SMS (mensaxes de teléfono móbil).
A iniciativa, que malia ser nova xa deu acubillo no seu primeiro día a preto dun cento de solicitudes, non ficará nun plano virtual ou figurado, senón que significará o prendido literal de luces a través duns novos lampadarios que inclúen un equipamento tecnolóxico (fíos, pantalla ligada á Internet) que substitúe nestes casos ao sistema tradicional.
Detrás dos aspectos máis técnicos da iniciativa está a firma Candeum, que entre as súas previsións agarda chegar en Compostela ao medio millón de prendidos nun só ano. Por certo que o custo da vela será de 1,39 euros, o que dará dereito a un acendido de máis de media hora no caso de que non haxa máis fieis á espera da súa achega, o que significará a redución do tempo a 11 minutos. Do que se recade, un terzo será para o mantemento e conservación da Catedral, outro terzo para a devandita empresa e a porcentaxe restante para as firmas operadoras que achegan as canles de comunicación.

Vídeo de presentación de Mivela.com

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?