Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Ningunha cidade española no top 100 dos espazos urbanos con mellor banda larga
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Ningunha cidade española no top 100 dos espazos urbanos con mellor banda larga

Fernando Sarasketa
Publicado: 27/04/2010
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

Vista aérea de Berkeley, California, unha das urbes con mellores accesos
Vista aérea de Berkeley, California, unha das urbes con mellores accesos
A Rede, como case todas as cousas que comezan e ofrecen algo útil, dificilmente podía ir a menos. Por iso moito do que se nos conta no último informe trimestral The state of the Internet (que reflicte estes días o blog da CMT) cae un pouco de caixón. Por exemplo: o feito que de ao longo do cuarto trimestre de 2009 a maioría dos países que contan cunha boa taxa de penetración da banda larga fixa conseguisen incrementar a súa velocidade de conexión. A novidade, iso si, está nas cifras: nese 18% de índice de medre, cousa salientable. O informe en cuestión, que se apoia nunha análise exhaustiva da velocidade de navegación nos 100 países e cidades con mellores conexións, sitúa a Berkeley (California), Masan (Corea do Sur), Oxford (Inglaterra) e Taouyan (Taiwan) entre os espazos urbanos con velocidades de acceso máis altas.
Sen rastro de presenza española.
No ranking de países atopamos Hong Kong, Romanía, Letonia, Suecia, Países Baixos, Dinamarca, Suíza e Estados Unidos. Todos eles conseguiron ir alén dos 7,5 Mbps de velocidade media de acceso durante o devandito cuarto trimestre.
Por certo que entre as achegas europeas non deixa de chamar a atención a presenza de Romanía (con 7,2 Mbps de media), un país que quere saír da crise económica a forza de universalizar e mellorar ao máximo as súas redes do coñecemento, cousa que opinamos que non é en absoluto un mal comezo (España e Galicia deberían seguir este exemplo). Tamén é de salientar, como dixemos, o feito de que na clasificación achegada por espazos urbanos non se ofreza presenza española nos seus primeiros 100 postos. No ranking europeo, o país ocupa a 17ª posición, cunha velocidade media que comparada á de Romanía case dan ganas de botarse as mans á cabeza: 2,8 Mbps. Nos postos máis altos, iso si, están países como Suecia (6 Mpbs) e o resto dos países nórdicos, todos eles con taxas superiores aos 5 Mbps. Logo veñen Holanda, a República Checa e Bélxica.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?