Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A bolsa de traballo en liña de EGANET xa xestionou 30 ofertas de emprego
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A bolsa de traballo en liña de EGANET xa xestionou 30 ofertas de emprego

Fernando Sarasketa
Publicado: 28/04/2010
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

eganet_bolsa_emprego.jpgA Asociación de Empresas Galegas Adicadas a Internet (EGANET) está a apostar forte polas posibilidades que o sector amosa no que atinxe á contratación de persoal. Segundo informa a plataforma nun comunicado, ao longo dos primeiros seis meses de actividade da súa bolsa de emprego en liña xa foi posible xestionar ao seu abeiro máis de 30 ofertas de emprego xeradas no sector das TIC. A demanda, en contra do que se podería pensar, non só se centrou en perfís técnicos vinculados á enxeñería de informática e telecomunicacións, senón tamén nun eido profesional máis achegado ás humanidades e mesmo á filoloxía (ámbito no se inclúen os labores de tradución, cada vez máis precisos nas redes do coñecemento).
Todo isto, sinala EGANET, amosa a alta mobilidade laboral e o requirimento de persoal cualificado por parte do sector, “malia que as empresas TIC tamén se resenten da actual conxuntura de crise que motiva o retraemento da actividade de contratación”, engade.
Entre os postos ofertados a través da bolsa de emprego, accesible na web de EGANET, cómpre salientar o de responsable de proxectos, dirixido a titulados en Telecomunicacións, Informática ou Ciencias Empresariais e Económicas, e os de programador e analista de sistemas, vinculados a titulacións de Enxeñaría Informática. No entanto, tal e como se sinalou ao principio deste texto, o sector demanda un abano de profesionais máis amplo có das carreiras técnicas, “dado que pola tipoloxía de proxectos de desenvolve precisa de expertos en comunicación, lingüística, pedagoxía, tradución, arte e deseño, entre outros, perfís profesionais máis correspondentes a titulacións da área de humanidades”, puntualízase.
A bolsa de emprego de EGANET, que terá prolongación a medio e longo prazo (dando resposta ás ofertas puntuais das empresas), conta neste intre con preto de 200 currículos dispoñibles para consulta entre as 55 empresas que integran a plataforma.
Co fin de dar resposta á importante demanda laboral do eido galego das TIC, EGANET puxo en marcha dous programas de contratación nos dous últimos anos, programas que deron como resultado a selección de 36 profesionais co perfil de asesor comercial TIC para a súa inserción en 23 empresas, máis 20 responsables de proxectos que pasaron a formar parte doutras 14 firmas. “Dada a boa acollida da bolsa de emprego e a súa utilidade demostrada”, sinálase dende a organización, está previsto que en breve se amplíen as súas posibilidades, “cunha maior organización dos currículos por perfís profesionais e co seu achegamento aos servizos de colocación públicos e privados”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?