Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Nace unha plataforma multimedia que recolle a creatividade galega dos 80
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Nace unha plataforma multimedia que recolle a creatividade galega dos 80

Raquel Noya
Publicado: 29/04/2010
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

wikimap.jpgO grupo de investigación Dx7 xestado e creado na Facultade de Belas Artes da Universidade de Vigo para materializar as ideas innovadoras que un grupo de alumnos e alumnas tiñan entre mans, vén de dar a coñecer o seu proxecto Wiki Map. Galicia Culture, unha interface multimedia que ten como obxectivo inicial “divulgar os movementos creativos emerxentes nos anos 80 en Galicia”, tales como a videocreación, a moda, a fotografía e as artes escénicas, entre outras manifestacións culturais. Segundo informan dende o boletín virtual desta entidade académica, a plataforma foi xerada para “conter unha análise visual e conceptual da cultura desa década” e está articulada a modo de base de datos en liña na que se recompilan recursos textuais e multimedia, así como entrevistas e testemuñas de primeira man dos protagonistas galegos desa época.
A iniciativa xurdiu, segundo palabras de Cristina Varela, unha das integrantes do equipo de traballo, “pola tentativa de vincular as especialidades dos distintos membros do grupo de investigación, cunha parte máis centrada no ámbito das novas tecnoloxías e dedicada á creación de ferramentas interactivas e coa outra na revisión dos movementos culturais dos anos 80”. Asemade, o proxecto foi creado co obxectivo de normalizar a información existente (moi pouca por certo) nunha base de datos ordenada, empregando para elo un modelo sinxelo e intuitivo que facilitara a navegación e a procura de información dos internautas. A Wiki Map. Galicia Culture presentouse no seo dun congreso en Portugal e con motivo da exposición Os 80. Moda en Galicia. Singularidades que se pode ver actualmente no Pazo da Cultura de Pontevedra.
Completaron o equipo de traballo da Wiki Map: Lola Dopico, Silvia García, Marcos Dopico, Alberto Valverde e Alberto García Ariza, coa colaboración de Rocío Gómez Juncal, Fran Miguens, Ana Seoane e Marta Fariña.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?