Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A AGA promociona o audiovisual galego fóra dos nosos lindes
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A AGA promociona o audiovisual galego fóra dos nosos lindes

Redacción
Publicado: 30/04/2010
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

celda_211.jpgDespois de dar a coñecer o pasado 15 de abril as obras audiovisuais galegas gañadoras da VIII edición dos Premios Mestre Mateo, a Academia Galega do Audiovisual (AGA) continúa co seu labor de promoción e difusión dos traballos galardoados dentro e fóra das fronteiras de Galicia, segundo informan, “co fin de facilitar o acceso do gran público ás producións autóctonas”.
Por unha banda, o Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI) acollerá nas súas instalacións da Coruña, dende o 18 ao 29 de maio, as proxeccións dos filmes Celda 211, gañadora na categoría de Mellor Longametraxe de Ficción; ¿Que culpa tiene el tomate?, premiada na categoría de Longametraxe Documental; Conexión, como Mellor Película para Televisión, e Mulleres da raia, documental coroado nesta edición. As obras serán presentadas polos seus propios creadores –directores/produtores-, co fin de que os asistentes poidan coñecer de primeira man as experiencias dos profesionais. En datas posteriores e antes do verán, estas obras viaxarán a Barcelona, onde serán proxectadas na sede da SGAE grazas ao apoio da Acadèmia del Cinema Català.
As sesións de cine galego en Barcelona forman parte do primeiro acordo de colaboración entre a Academia Galega do Audiovisual e a súa homóloga catalana – Acadèmia del Cinema Catàla-, que foi posto en marcha este ano co obxectivo de potenciar a promoción do audiovisual galego e catalán máis aló dos seus territorios, mediante a difusión das obras participantes nos galardóns que anualmente convocan ámbalas dúas entidades. Esta iniciativa xa permitiu que todas as curtas presentadas aos PMM 09 foran proxectadas en Barcelona en datas recentes -primeira quincena de abril- e que, á súa vez, as curtas que competiron nos II Premios Gaudí visitaran Santiago de Compostela o pasado mes de xaneiro. Nesta primeria fase intercambiáronse un total de 30 obras.

Os Premios Gaudí no CGAI, do 3 ao 10 de maio

Esta vindeira semana, e como parte do acordo entre as entidades galega e catalana, as longametraxes que resultaron gañadoras dos II Premios Gaudí en Barcelona o pasado mes de febreiro viaxan a Galicia para a súa proxección no CGAI, que mostra así o seu respaldo á pioneira iniciativa a nivel estatal levada a cabo entre dúas academias. Estas sesións de cine catalán no CGAI arrincan o luns 3 de maio, co visionado da película Tres días con la familia, Mellor Longametraxe de Ficción en lingua non catalana; seguido do día 4 con 23 F: El día más difícil del Rey, premiada na categoría de Película para Televisión; e finalmente o día 10 poderase ver a película Cher Amie, Mellor Longametraxe de Animación. Os pases son abertos ao público e terán lugar ás 20.30 horas da tarde.
Con este programa de actividades a AGA, segundo vén de anunciar, “pretende dar un novo paso na súa misión de apoiar a promoción dos profesionais e da industria audiovisual galega”, complementando así as actividades que cada ano organiza para difundir os traballos participantes nos Premios Mestre Mateo nas semanas previas á celebración da tradicional Gala: ‘Semana do Audiovisual Galego’, dirixida a todos os públicos, e ‘Encontros Premios Mestre Mateo’, nos que participan os profesionais e os estudantes do sector.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?