Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O alumnado do Pintor Colmeiro de Silleda lanza na Rede un lipdub para defender o uso do galego
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O alumnado do Pintor Colmeiro de Silleda lanza na Rede un lipdub para defender o uso do galego

Fernando Sarasketa
Publicado: 03/05/2010
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

galegando_web.jpgOs alumnos do Instituto de Educación Secundaria Pintor Colmeiro de Silleda veñen de reivindicar dúas cousas na Rede: o emprego da nosa lingua a tódolos niveis e, tamén, unha nova maneira (dende longo máis divertida que calquera das outras tradicionais das que puidemos ser testemuñas) de abrirlle á sociedade as portas dun centro de ensinanza. Falamos do vídeo que a comunidade estudantil dispuxo no YouTube, onde xa ía camiño das 1.000 visualizacións a media mañá deste luns 3 de maio. A achega, probablemente o primeiro lipdub (dobraxe de beizos e acenos feito por un colectivo sobre a base dunha canción xa gravada) feito dende un instituto da nosa terra, está a ser saudada xa como un imaxinativo e orixinal manifesto a prol do galego.
O vídeo foi concibido como un longo plano secuencia de sete minutos (o que fala ás claras da súa complexidade) que presenta unha chea de maneiras de celebrar o uso do galego, unha por cada alumna e alumno e todas elas cun elemento común: a diversión. A peza audiovisual, de nome Galegando, inclúe pois un pouco de todo: coreografía, patinadoras, músicos, bicicletas dentro do recinto, etc. Por certo que dende a web do centro Pintor Colmeiro xa hai tempo que se veñen dando mostras dun claro compromiso a prol da identidade galega, compromiso que vai dende a adhesión á campaña Orgullos@ do Galego posta en marcha polo CEDNL ata a participación activa dos internautas/alumnos en iniciativas como Eufalo.tv, desenvolvida para debater sobre a realidade da nosa fala e os múltiples usos que se lle pode dar na vida moderna.

O lipdub en vídeo

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?