Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O dicionario portugués Priberam incorpora á súa web máis de 1.000 expresións galegas
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O dicionario portugués Priberam incorpora á súa web máis de 1.000 expresións galegas

Fernando Sarasketa
Publicado: 04/05/2010
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

priberam.jpgA Rede semella querer facer o que denegou a historia. Falamos da importante listaxe de esforzos postos en marcha nos últimos tempos na Internet para pór máis preto a cultura galega da portuguesa (e máis viceversa), pobos irmáns que ao longo dos séculos foron obrigados a verse a través dunha fronteira. Pois ben, nesta liña é onde semellan situarse os responsables do Dicionário Priberam da Língua Portuguesa (DPLP), unha achega de coñecemento en liña que arestora conta con case 100.000 entradas e que segundo se nos conta dende Xornal.com (facéndose eco dun comunicado emitido pola AGLP), dispón dende o pasado 27 de abril de 1.092 voces de emprego cotián no galego.
Estas achegas, feitas para a firma Priberam Informática pola Comissão de Lexicologia e Lexicografia da Academia Galega da Língua Portuguesa (AGLP), forman parte do que segundo os responsables da ferramenta en liña é a norma galega do portugués.
A súa idea é pór ao día a base de datos de xeito regular. O xermolo de todo isto está nun acordo formalizado entre a devandita empresa e a academia.
En opinión dos máximos representantes desta última institución, trátase este dun paso salientable no vieiro do recoñecemento do galego, dentro e fóra de Galicia, como variedade da lingua común. Ao seu xuízo, e en contra do que adoitan a pensar unha boa cantidade das persoas que lle atribúen á nosa lingua unha incapacidade para ser útil no mundo, a comunidade de galegofalantes non é unha illa no planeta, forma parte dunha comunidade de máis de 200 millóns de falantes, o que é a todas luces un punto ao noso favor do que cómpre que tiremos proveito.
A devandita Academia, entidade privada encamiñada ao servizo público, e máis a editorial Priberam consideran que as achegas galegas ao léxico do dicionario van supoñer un importante pulo para o prestixio do galego e da comunidade lingüística. No que atinxe ao propio interese da empresa por esta aposta pola nosa lingua, cómpre sinalar que responde á súa arela de espallar as ferramentas lingüísticas tecnolóxico-dixitais con recursos de máis variedades do portugués, alén do portugués europeo e o portugués de Brasil. O proceso iniciado de achegamento ao galego non será un proceso invisible que fique sen seguimento na Rede: detrás del, e avalándoo, está un dicionario, o Priberam, que conta na Internet con máis de un millón de páxinas vistas por día.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?