
Co obxectivo de loitar contra isto, Adicións Dixitais vai pór en marcha na nosa terra unha campaña informativa dirixida a fornecer aos pais e nais dos mellores mecanismos para defenderse desta marea informativa.
Para Juan Romero, voceiro da plataforma, “trátase de internautas que defenden a necesidade adelgazar de calquera xeito, raiando coa legalidade dende o intre mesmo en que están a promover condutas non saudables entre as rapazas”. Concienciar disto (e máis polo miúdo evitar que a doenza chegue a afectar ao 5% da mocidade do país) é o alicerce da dita iniciativa de divulgación, dirixida tamén aos profesores e aos propios adolescentes.
A xuízo da organización, os adolescentes téñeno moi doado á hora de introducirse nestas páxinas: adoitan a coñecer a súa existencia por Internet, aínda que non de xeito exclusivo. Asemade, a meirande número de ordenadores nos fogares (cifra que na nosa terra só pode ir a máis, malia os atrancos históricos postos por institucións e empresas), maior será a incidencia do problema, comentan, e máis aínda “se os pais non exercen ou non saben exercer a supervisión precisa sobre as actividades que realizan os seus fillos perante a computadora”. Así, sinala a organización como un máis que axeitado inicio deste seguimento o traslado do ordenador cara a emprazamentos do fogar onde se poda poñer freo á navegación individual, por exemplo a sala de estar ou salón, mais “nunca na propia habitación do adolescente”. A campaña na nosa terra de Adicións Dixitais dará comezo no verán e continuará ata o mes de setembro.
Adicións Dixitais informará na nosa terra do papel da Rede no espallamento da anorexia
Compartir Este Artigo
